caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > No meu nome, non
> No meu nome, non <

Os artigos de Xosé Manuel Pereiro, o mellor columnista de prensa de que teño noticia, son sempre moi bos, mais algúns en concreto son certamente memorábeis. Este de onte é de lectura obrigada. A aprobación por parte do parlamento europeo dunha directiva que autoriza a detención sen autorización xudicial e por un periodo de até 18 meses de seres humanos "sospeitosos" (sospeitosos de seren inmigrantes) é un fito na historia universal da infamia. Un elo máis na cadea do noxo tecida por individuos con nome e apelidos que preferen a inxustiza ao desorde. No meu nome, non.

Se esta é a Europa aquela...
Xosé Manuel Pereiro

O desengano forma parte da vida, e mesmo hai quen asegura que a porcentaxe de felicidade está en relación directa coa capacidade para asumilo. Que tanto che teñan as cousas cando non veñen dadas como querías, noutras palabras. A min iso de Europa non é que me parecese unha panacea, pero tendo en conta de quen estivemos dependendo toda a vida, agradecíase un certo grado de a civilización e de educación no que ten collida a vara por onde non manca. Pois considérenme non como un desenganado, nin tampouco como un deses chamados euroescépticos (que, no fondo, o que son son uns pailáns atrincheirados). Métanme directamente no saco dos cabreados. Nestes momentos non teño a man os ensaios de Camilo Nogueira Galiza na Unión. A porta atlántica, ou Europa, o continente pensado (nin a paciencia precisa, caso de telos) para que os argumentos do optimismo eurocamilista contrapesen as ganas de mandar ás institucións europeas a rañala por aí. Desapúntenme, vamos.

Por esa infame medida decidida polos gobernos europeos e sancionada polo Europarlamento, cos votos de conservadores, liberais e parte dos socialistas (os únicos españois que non, os cataláns Josep Borrell e Raimon Obiols). Esa “directiva de Retorno” chamada igual, mira que gracia, que as operacións de traída de emigrantes. A que autoriza, sen decisión xudicial ningunha, a ter detido ano e medio a quen entre irregularmente en Europa (18 meses nos que algúns quizais decidan que xa que teñen a estigma de delincuentes, porque non ter tamén os beneficios). Que poden aplicar, como dixo a socialista francesa Martine Roure, a persoas que xa están instaladas aquí, que teñen os seus fillos, que pagan os seus impostos (os nosos, vamos). Que permite devolver a menores a países distintos dos de orixe (unha cousa é a atrocidade de mandar a un inglés de 11 anos de volta a Polonia, pero se son negros ou aindiados, xa se entenderán entre eles, sexan de onde sexan).

Poucas veces algo evidenciou tantas mostras de estulticia e/ou hipocrisía, e despuntou tanto parvo. “El acuerdo pone fin a que en la UE haya lugares donde los inmigrantes pueden ser retenidos indefinidamente”, dixo o eurodiputado do PP, o ex responsable da policía e intoxicador do 11-M, Agustín Díaz de Mera. Non é certo. No Reino Unido e Irlanda non había límites, e seguirá sen habelos porque ó non ser territorio Schengen, a norma non lles afecta. Javier Moreno (PSOE) xustificou: “hemos intentado hacer un texto más garantista, acercándolo al máximo a las legislaciones europeas más avanzadas. Con nuestro empeño, los socialistas hemos logrado la asistencia jurídica gratuita a los inmigrantes”. Supoño que si. Con avogados que traballarán as 65 horas semanais “voluntarias” que tamén propuxeron os gobernos e tamén aprobarán eses europarlamentarios que soen contratar de axudantes ás mulleres ou ós cuñados, como se publicou hai pouco.

O problema quizais sexa que, como se di sempre, a UE non reuniría as condicións democráticas bastantes para ingresar na UE, e os gobernos e os parlamentarios propoñen e deciden cousas (as 65 horas, cobrar por recibir chamadas de móbil) que na casa non se atreverían a suxerir. Así que, no que a nós respecta, deberemos recordar para a historia europea da infamia ou de tragar rodas de muíño os nomes dos cinco galegos -tanto ten de que partido- que votaron que si: Daniel Varela Suanzes, Francisco Millán Mon, Carmen Fraga (a filla de seu pai), Rosa Miguélez e Antolín Sánchez Presedo. Ah! e tamén o daquela deputada riojana que lle quitou o posto a Camilo Nogueira porque no PP se puxeron a remexer nas urnas como cartoneiros. Como diría o deus de Curros: “Se esta é a Europa que fixemos, que o demo nos leve”.

Faro de Vigo/La Opinión, 21 de xuño de 2008

para saber máis: Decisións infames (Ian en De paso) / Europa aprueba la directiva de la vergüenza (Juan Varela en Periodistas 21) / Europa ten medo (Manuel Bragado en Brétemas).

2008-06-22, 14:08 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/58141

Comentarios

1
De: Mumbai Escorts Fecha: 2019-03-31 07:51

Mumbai Escorts
Goa Escorts
Mumbai call girls
Mumbai Escorts
mira road escorts
coimbatore escorts
rajkot escorts services
goa escorts services
mire road escorts
andheri escorts
andheri escorts services
roku remote not working
mcafee.com/activate
escorts web development company
web development company in india
download McAfee Antivirus
Download free php projects
activate ESPN on Roku
classified website without registration



2
De: Mumbai Escorts Fecha: 2019-03-31 07:53

Mumbai Escorts
Goa Escorts
Mumbai call girls
Mumbai Escorts
mira road escorts
coimbatore escorts
rajkot escorts services
goa escorts services
mire road escorts
andheri escorts
andheri escorts services
roku remote not working
mcafee.com/activate
escorts web development company
web development company in india
download McAfee Antivirus
Download free php projects
activate ESPN on Roku
classified website without registration



3
De: Mumbai Escorts Fecha: 2019-03-31 07:56

Mumbai Escorts
Goa Escorts
Mumbai call girls
Mumbai Escorts
mira road escorts
coimbatore escorts
rajkot escorts services
goa escorts services
mire road escorts
andheri escorts
andheri escorts services
roku remote not working
mcafee.com/activate
escorts web development company
web development company in india
download McAfee Antivirus
Download free php projects
activate ESPN on Roku
classified website without registration



4
De: jordon Fecha: 2019-05-06 14:58

HP-printer-tech-support-phone-number
why-is-my-HP-printer-offline
HP-printer-showing-offline
why-is-my-wireless-HP-printer-showing-offline
HP-printer-showing-offline-windows-10
HP-printer-showing-offline-windows-7
HP-printer-offline-windows-10
HP-printer-offline-fix-windows-10
HP-wireless-printer-offline-windows-7
HP-wireless-printer-offline-fix
HP-printer-printing-blank-pages



5
De: Printerrepairgeek Fecha: 2019-05-07 14:08

Epson Printer Support Phone Number
Why is my epson printer offline
Epson printer communication error
Epson printer tech support phone number
Epson customer support number
Epson printer customer service phone number
Epson printer error code 0x97



6
De: Emailhelp365 Fecha: 2019-05-07 14:18


Gmail help phone number
Microsoft outlook support phone number
Hotmail support phone number



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 34.239.147.197 (a3c9564d1f)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley