caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Na outra beira das augas grandes (II)
> Na outra beira das augas grandes (II) <

O meu artigo sobre blogs e webs cinéfilas no número 5 da Revista do Audiovisual Galego:

Na outra beira das augas grandes (e II)

Proseguimos o repaso das webs cinéfilas ao outro lado do Atlántico revisando páxinas en español. A viaxe debe comezar na Arxentina, o país onde se edita “El amante”, revista cuxa edición dixital non é precisamente un prodixio de navegación e deseño, mais ofrece artigos interesantes e as críticas dos filmes que se estrean alá. Un dos fundadores da revista foi Eduardo Antín, Quintín, que foi o programador que converteu o BAFICI no que hoxe é, un certame de cinema cunha axenda de filmes abraiante por cantidade e calidade. Quintín, un dos nomes de referencia da crítica mundial -non se perdan o seu artigo en Cinema-Scope sobre Tropa de elite, o reaccionario filme de José Padilha que gañou o Oso de Ouro no Festival de Berlín- mantén xunto a Flavia de la Fuente un blog imprescindíbel, La lectora provisoria, especialmente divertido cando nel se fai crónica -cinematográfica e extracinematográfica- de festivais coma os de Bos Aires ou Cannes. Igualmente apreciábel é o seu diario de lecturas, con textos cheos de mordacidade coma os que lle dedicou recentemente á escritora española Belén Gopegui.

En Chile a revista Mabuse repasa a actualidade do cinema dedicando especial interese aos autores máis singulares e creativos do noso tempo. A web, moi completa, recolle artigos, entrevistas (Jia Zhang-ke e Carlos Reygadas, entre outros), reseñas de festivais e dossieres temáticos, e por suposto presta unha especial atención á produción chilena. Do equipo de redactores da revista forma parte Pamela Biénzobas, unha das vicepresidentas da FIPRESCI.

Utilísimo é o portal LatAmCinema, que se ocupa de maneira integral do cinema feito na América Latina. Ademais das máis comúns seccións dedicadas a falar de estreas e rodaxes, a web contén seccións específicas sobre os filmes documentais e de animación, e deixa tamén un espazo para dar parte de actividades e cursos de formación para profesionais. Apuntamentos de carácter institucional e lexislativo e as convocatorias de axudas son outros contidos dunha páxina na que se pode visualizar a información país por país, e que tamén ofrece a posibilidade de subscribirse ao seu completo boletín semanal de novas.

2008-06-21, 18:52 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/58131

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley