CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Día das Letras 2009 para Xosé María Díaz Castro
> Día das Letras 2009 para Xosé María Díaz Castro <



Unha vez recoñecido e festexado o labor de Xosé María Alvárez Blázquez, é tempo de pensarmos na figura a homenaxear o ano que vén. O meu candidato segue sendo o poeta chairego Xosé María Díaz Castro, autor dun libro, Nimbos, cuxa extrema fermosura feriume hai moitos anos para sempre.

No resplendor do día

Quero morrer de música nunha tarde de pinos
sen sentir o martelo dun recordo no sangue
e caer a modiño na sombra como a lúa
enterra as súas cornas tras de Arxán.

Que o sol siga o seu rego deica o mesmo cadullo,
a derradeira rella do tempo en carne viva,
que os paxaros non calen no oco quente da tarde,
que non paren os bois de remoer.

Que o meu carro se entorne cheo de lume e soño
sen axotar as troitas nin as alas dormidas,
e que a Deus me encomenden os ventos vagabundos,
as lebres que se riron do meu can,

os camiños que andiven e as árbores con niños,
os ollos, inda cheos da lus de Deus, dos nenos,
as voces escondidas que teman deste mundo,
as bágoas puras que non ve ninguén,

namentras en falopas cai a imaxe do mundo
e as voces son adeuses da xente no peirao
e eu estrela da noite que se perde no día,
no resplendor do día que busquei.

Nimbos, Xosé María Díaz Castro.




2008-05-19, 15:42 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/57485

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.61 (075cbc2d8b)
Comentario

tradución automática: es pt






doa os teus órganos!



axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos

cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley