O xoves 22 de maio ás 19:30 na FNAC da Coruña José Manuel Sande e máis eu conversaremos sobre a obra de Ousmane Sembène, e por extensión sobre o cinema africano en xeral, coa escusa da publicación da novela O xiro postal, editada por Rinoceronte.
¶
CHEGOU O MOMENTO DE INSCRIBIRSE NA XUNTANZA DE BLOGUEIR@S E AMIG@S DOS PENDELLOS EN AGOLADA.
Directiva e socios de Amigos dos Pendellos sentirémonos enormemente ledos coa presenza d@s blogueir@s que desexen participar nesta Xuntanza que nos honramos en organizar.Temos un programa de actos confirmado (tan só nos falta concretar quen vai disertar sobre a actualidade dos blogs).
Preinscribíronse varias decenas de blogueiros e participantes. E desexamos que sexan bastantes máis. Animámosvos a que vaiades facendo un oco na vosa axenda e decidades acudir a Agolada para compartir unha xornada singular e podérmonos coñecer. Todos os que comunicastes a vosa asistencia e os que aínda non o fixeron, ide facendo o ingreso ou transferencia de 20 € por persoa na conta bancaria da Asociación Amigos dos Pendellos.
BANCO DE SANTANDER
C/ San Pedro de Mezonzo, 3.
Santiago de Compostela
0049 5918 64 2195227733.
No apartado de concepto, expresade o nome do blog (os que o teñan) e o número total de persoas que acudiredes. Conservade o resgardo do ingreso ou transferencia.
Xa vos indicamos que a vosa aportación destínase a pagar o xantar no restaurante Agolada e parte do autobús/autobuses que fletamos para irmos xuntos ata o Sobreiral do Arnego (na foto de arriba), onde realizaremos unha ruta de sendeirismo.
Decidimos que a data tope para inscribirse sexa o 23 de Maio de 2008.
Elaboraremos unha listaxe dos que vaian inscibíndose e publicarémola día a día nun apartado do blog-xuntanza
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)