CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Adictos ao theremin
> Adictos ao theremin <

Un dos mellores momentos do espectacular concerto que deu onte na Coruña a banda de Alcobaça The Gift foi cando Nuno Gonçalves fixo soar o theremin. Algo moi semellante a isto:



Para interpretar música co instrumento creado polo ruso Leon Theremin non é preciso tocalo: basta mover as mans arredor das súas antenas para modular o volume e a frecuencia das vibracións que xera. A súa execución é visualmente impactante, e dá moito xogo nas actuacións ao vivo, coma nesta de Led Zeppelin:



O tropicalismo tamén botou man do trebello. Os Mutantes servíronse del nesta fabulosa composición de Tom Zé e Rita Lee, 2001:



Rita Lee segue empregándoo aínda hoxe. Máis refinada é a virtuosa Lydia Kavina, a sobriña-neta do inventor do aparato, que se atreve con Debussy e obtén resultados sorprendentes:



Era ela a que interpretaba o theremin na banda sonora de Ed Wood, o marabilloso filme de Tim Burton. O seu son ululante fainos pensar no cinema fantástico dos anos cincuenta, época na que apareceron alfaias como The day the earth stood still de Robert Wise, con música do xenial Bernard Hermann:


2008-04-19, 22:34 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56918

Comentarios

1
De: Chewie Fecha: 2008-04-20 04:51

O que toca Lida non é Beethoven, senón o Claro da Lúa de Debussy, non?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-04-20 14:58

Si, si. Foi un lapsus.



3
De: ghanito Fecha: 2008-04-21 00:56

Eu vin o verán pasado a The Gift e gustáronme, porén achei que precisamente o theremin en Nuno Gonçalves, que toca varios instrumentos (e non é el o único no grupo) non era a súa mellor aportación. Moi coreografiada, iso si: http://flickr.com/photos/ghanito/1242629582/sizes/l/in/set-72157601677927695/

E sabía vostede que hai dous anos houberon dous theremin na casa das ciencias para o uso e disfrute dos visitantes?
E naturalmente por alí pasou no seu día unha chuzaexcursión.
http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/2006/08/18/the-abc-theremin-acoruna-bandadesenada-camela/

Desculpe polo abuso nas ligazóns (e o autobombo) :-)



4
De: Martin Pawley Fecha: 2008-04-21 10:27

Ben, é que en xeral o mellor do theremin é a coreografía...



5
De: Shanti Fecha: 2008-04-21 13:04

Qué casualidad, Martin. Precisamente estoy trabajando con un theremin estos días, que me está trayendo por la calle de la amargura, todo hay que decirlo. Al no pasar de un intervalo a otro mediante el salto que podrías esperar en un instrumento de teclado, por ejemplo, uno se encuentra con la dificultad de que todo ha de tocarse en glissando. Esto lo convierte en una máquina demoniáca para hacer efectos atractivos, pero también en una pesadilla para intentar afinar y retener esa afinación a lo largo de una melodía basada en semitonos y no en... octavos de tono o fracciones incluso menores.

Por cierto, creo que hay por la red alguna página basada en Flash que permitía emular un theremin con el ratón, haciendo que el eje vertical fuera la frecuencia y el horizontal la amplitud de la onda.



6
De: Shanti Fecha: 2008-04-21 13:18

Por cierto que esto que acabo de decir del cromatismo radical del theremin en cuanto a que la transición entre notas es de "portamento", se puede evitar en la interpretación si se domina su técnica, claro está.
La mayor parte de la gente que se hace con uno suele usarlo para efectismos, pero quien se atreve a estudiar su carrera aprende a articular cada nota como en el video que has puesto de Lidia Kavyna. Obsérvese que para evitar el glissando, ella hace un rápido gesto hacia abajo con la mano izquierda, que es la que controla la amplitud (el volumen). Esto apaga momentáneamente el sonido mientras con la mano derecha corrige la posición correspondiente a la frecuencia. Esta acción a ella no le dura más que un brevísimo instante que permite cortar de una nota a otra, aunque sea una sucesión más o menos rápida, y encima afina finamente la muy... . Pero al resto de mortales, suponiendo que tal coordinación nos fuera dada por la gracia de Elvis, se nos alzaría nuestro oído interno en una suerte de revuelta violenta en las calles de nuestro cerebro.



7
De: Anónimo Fecha: 2008-04-21 17:07

Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presencia.
Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
Para máis información:
http://blog-xuntanza.blogspot.com



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley