CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > O misterio Pretty woman
> O misterio Pretty woman <



Pretty woman fixo famosa a Julia Roberts e recolocou no mercado a un Richard Gere que naquela altura xa ía camiño de se convertir nunha ex-estrela. Recadou catrocentos sesenta e tres millóns de dólares en todo o mundo, unha cifra certamente fabulosa, aínda que algo inferior ao que levou ese ano outro pastelón bastante máis insufríbel, Ghost. En España lévase emitido por televisión unha ducia de veces, e en todos os seus pases foi sempre a emisión máis vista. Onte mesmo a película de Garry Marshall permitiu que TVE fose líder de audiencia, cunha media de catro millóns de espectadores e dous millóns máis no "minuto de ouro".

Certo que Pretty woman é un filme feito para gustar, un conto agradábel resolto coa eficacia típica da industria ianqui, mais a súa imbatibilidade televisiva ao longo dos anos fica alén de toda explicación. Para TVE é un chollo, desde logo, así que poden estar ben seguros de que pola primavera de 2009 volverán pasar a película no prime time dun martes ou un mércores, algunha noite na que poidan coller á competencia despistada.

2008-04-10, 23:05 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56769

Comentarios

1
De: jorge Fecha: 2008-04-11 09:13

A risco de parecer un pouco machista:
Un tipo de muller bastante numeroso soña con que lle fagan a pelota nas tiendas polo moito (e caro) que compra, para elas esta película e puro onanismo, penso que non hai misterio. Pensémolo ben, é a historia dunha "perdedora" que acaba case en Audrey Hepburn. Nin siquiera vexo unha historia de amor ahí.
Aínda non encontrei ningún XY ó que lle gustara esta telenovela de un capítulo.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-04-11 10:38

Xa, Jorge, pero para min o misterio non está no seu éxito, senón no seu "persistente éxito": leva doce emisións, doce, pola tele, e en todos os casos marcou uns índices de audiencia espléndidos. Por que iso pasa con Pretty woman e non con outras, igual de telenovelescas e igual de pastelonas?



3
De: ambrosiano Fecha: 2008-04-11 12:45

Boa excusa para prantexarse o tema do éxito. ¿Estamos diante dun éxito indiscutible, dun éxito fabricado, dun éxito espontáneo...?

¿Hai resposta? ¿Non hai resposta?

O éxito.



4
De: luis Fecha: 2008-04-11 19:24

a parte de que ainda que pareza incrible creo que esta peli é unha peli de culto, saindose do molde do que todos entendemos por pelicula de culto, creo que hai que engadirlle a parte de morbo que ten que neste caso a cenicienta se convertira dun xeito directisimo nunha puta moi riquiña...
Cada quen ten os seus ídolos.



5
De: Vendell Fecha: 2008-04-11 20:08

¿E o resto da parrilla como anda a esas horas?



6
De: Fragaboy Fecha: 2008-04-12 01:32

Aunque no te lo creas, y aunque parezca muy dificil, en la vida pueden darse doce coincidencias. Creetelo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley