Anunciáronse onte na Feira de Bologna os gañadores do Premio Andersen 2008, o Nobel da literatura infantil e xuvenil: Jürg Schubiger (Suiza) na categoría de escritores, e Roberto Innocenti (Italia) na de ilustradores. Edicións Xerais ten no seu catálogo o libro Así comezou todo de Schubiger e Franz Hohler, con deseños de Jutta Bauer. Do traballo de Roberto Innocenti hai un par de exemplos en Kalandraka, incluído ese abraiante Pinocho hiperrealista. Lembremos que os candidatos propostos ao premio pola organización española para o libro infantil foron a benquerida Mariasun Landa e Ulises Wendell.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)