A creación dun Centro IBBY en Galiza non pode quedar agochada entre as liñas dunha noticia extensa. Iso non é unha noticia, é un notición: a Biblioteca Nacional de Galiza, que terá a súa sede na Cidade da Cultura, acollerá o Centro IBBY da Literatura Infantil e Xuvenil para a Diversidade Cultural, onde repousarán todos os fondos da organización relativos ás linguas e culturas minorizadas, aos que se poderá acceder desde calquera lugar do mundo. Será o segundo centro que o IBBY crea ou apoia, despois do aberto en Oslo en 1985 dedicado aos mozos e mozas con discapacidades. O noso país disporá, pois, dun organismo cultural de primeiro nivel, e as linguas minorizadas, o catalán e o euskera sen ir máis lonxe, daranse a coñecer en todo o planeta a través dun centro galego e en galego.
para saber máis:Un espazo en Galiza para a promoción das literaturas infantís e xuvenís do mundo, páxina informativa na web da Consellería de Cultura.
¶
Fantástica noticia, sen dúbida. Tantos así hai que gañalos se se pode. A ver agora se somos capaces de xerir iso con profesionalidade, e non só con boas intencións e "recursos de primeira instancia" que logo parecen máis flores secas que un xardín decente, como algunhas webs institucionais. Hai que poñer xente preparada á frente das cousas, con dedicación e solvente currículo, porque se non aparece xente con medallas profesionais sen fundamento que decide sen criterio, caprichosamente e logo aínda te denuncia despois de ter limpado o seu maravilloso monte de... residuos.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)