caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Presenza galega no IndieLisboa 2008
> Presenza galega no IndieLisboa 2008 <



Publicouse esta semana a programación do IndieLisboa, tan completa como adoita ser habitual. Alén das retrospectivas de Johnie To, José Luís Guerín e o novo cinema romeno, agochadas nas diferentes seccións hai unha morea de cousas interesantes; farei en breve unha primeira escolma, para ir peneirando os filmes a non perder durante os catro ou cinco días que bote alá (a videoteca do Fórum é unha axuda utilísima para ir enchendo ocos na axenda). A noticia a destacar hoxe é a presenza galega no festival máis importante do país veciño, que acolle na competición internacional de curtametraxes 1977, a peza de animación de Peque Varela que xa participou no Festival de Sundance. Na sección Laboratório, que explora "os novos territórios do cinema", hai sitio para Picnic, do director nacido en Meira Eloy Enciso. A arriscada proposta de Picnic, sobre o papel tan suxestiva, alenta unha alta expectativa que o brillante comezo do filme parece confirmar. Infelizmente, non son necesarios moitos máis minutos para decatármonos de que a película non vai dar chegado a ningures. O resultado final paréceme fallido, mais evidencia tamén a condición de Eloy Enciso como cineasta a seguir nos próximos anos. O seu traballo é, sen ir máis lonxe, bastante máis honesto e menos irritante que a tontísima trapallada de Pere Vilà i Barceló que vai a concurso, e que por certo gústalle bastante a Jaime Pena. O lote galego complétase con A flor máis grande do mundo, de Juan Pablo Etcheverry, que forma parte do apartado IndieJunior de cinema para nenos na categoría para maiores de seis anos.

2008-03-30, 03:28 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56550

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.197.74.137 (ab6ac1b4cb)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley