CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > O venres, concerto
> O venres, concerto <



Miren: podería dar unha morea de razóns para recomendarlles que asistan hoxe venres ás sete da tarde no Palexco ao concerto que pecha o obradoiro de cancións A Coruña Son. Podería describirlles o marabilloso ambiente que se vivía o xoves pola tarde durante os ensaios, cos cantantes facéndose coros os uns aos outros e uns músicos (que grande, o Sergio!) en estado de graza, e o da graza vai tamén polo humor. Explicarlles a enerxía que lle mete Pablo Díaz á súa deliciosa canción, que acaba sendo unha verdadeira festa; a emoción rockeira de Tonhito de Poi para falarnos da viúva dun morto (ou quizá da viúva dun vivo), ou a ironía de Iría Pinheiro ao mesturar sensualidade e inocencia a conta dun violoncello. Debería contarlles que hai unha banda que quere facernos bailar a ritmo de reggae verbeneiro, e outra que canta cando lle peta coa que é imposíbel ficar parado, e uns de Laxe que manexan con xeito os sons electrónicos. Podería falarlles de Chus, de Mrcaracter ou de Diskordia, mais, para min, a razón principal pola cal deben acudir ao concerto ten un nome e apelido moi concreto: Santiago Auserón. Pola súa abraiante entrega ao longo de toda esta semana, polo seu esforzo xeneroso, pola súa amabilidade e xentileza, pola súa intelixencia e simpatía. Polo seu incríbel talento. Por todo iso eu irei hoxe ao concerto. Por ser coma el é: un fenómeno.

2008-03-28, 02:50 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56514

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2008-03-28 02:58

E o mesmo vale para Catherine François, a súa inseparábel compañeira desde hai tantos anos.



2
De: Alfredo Ferreiro Fecha: 2008-03-28 09:44

Grazas, compañeiro, por todo.



3
De: tiat Fecha: 2008-03-28 10:23

Non faltaremos, nin nós nin os primos dos pelachos :-)



4
De: ghanito Fecha: 2008-03-28 16:47

Despois do ben que o pasei o mércores reorganicei a miña fin de semana para poder asistir ao concerto (previo permiso da señora Colombo :D )

Vémonos alí!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario





doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley