CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Historia dunha parroquia
> Historia dunha parroquia <



Isto que ven aquí arriba é o director's cut de Límite 12 horas, o artefacto-arroutada fabricado (máis ou menos) no tempo que indica o título durante o Festival On/Off de Ribadeo de 2007. O director, Marcos Nine, tamén é o responsábel de Historia dunha parroquia, documental que xira arredor de Luis Angel Rodríguez Patiño, o inclasificábel párroco de Xestoso. Historia dunha parroquia é candidata aos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor documental, mellor música orixinal (Manuel Riveiro) e, atención, mellor dirección, co amigo Marcos a compartir nervios con autores de longametraxes para cinema (e non por iso de máis calidade) como Jorge Algora e Rodrigo Cortés. Hoxe proxéctase Historia dunha parroquia no Fórum Metropolitano da Coruña, ás 20:30 na sala Fernando Rey, e teremos o pracer de telo a el en persoa contando cousas sobre a rodaxe e sobre o crego, que será aínda máis interesante. Quen non poida asistir hoxe, ten dúas novas oportunidade mañá venres, coa curta Vilaboa, mirando á Meca como complemento.

2008-03-27, 11:52 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56495

Comentarios

1
De: Marcos Nine Fecha: 2008-03-28 01:25

O mellor foron os pinchos ;)
Desde logo, non hai queixa de nada, público selecto, a oportunidade de ver o docu en pantalla grande e as insuperables racionciñas xeitosas de despois.
E aínda enriba había xente que xa vira o docu e repetiu!!!!!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario





doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley