Hai filmes que aos cinco minutos de empezar a velos xa che deixaron ben clara a súa grandeza. Logo podes gostar deles máis ou menos, pero sabes que son especiais. Pasa con The searchers, con Ordet, con Otto e mezzo, e tamén coas Werckmeister harmóniák de Bela Tarr ou Juventude em marcha de Pedro Costa. Lawrence of Arabia pertence claramente a esa estirpe. O seu director, David Lean, naceu hai hoxe cen anos: poucos coma el foron capaces de acadar tal cantidade de obras mestras nunha carreira longa, mais non demasiado densa, que contén apenas ducia e media de títulos ao longo de catro décadas de traballo. Nas súas superproducións soubo mesturar o artificio da gran industria coa exquisita sensibilidade e audacia que lle era propia, para crear imaxes cheas de lirismo e introducir emoción e intimidade nas máis sofisticadas secuencias de masas, algo natural nun home que antes de triunfar en Hollywood fixo alfaias tan sinxelas e cristalinas como Breve encontro.
Nosferatu le rendirá homenaje con un completo ciclo a partir de Octubre (en San Sebastián, después saldrá de gira); de las diecisiete películas, nueve han sido restauradas, por lo que es de obligación cinéfila ver al Lawrence en pantalla grande. No puedo imaginarme un ciclo más vistoso, hasta en las películas más pequeñas, como Breve Encuentro o Summertime.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)