CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Paul Scofield (1922-2008)
> Paul Scofield (1922-2008) <



O papel que fixo del un mito é o de Sir Thomas More en A man for all seasons, grazas ao cal obtivo un Oscar, pero a súa inesquecíbel voz e presenza xa asomara antes noutro estupendo filme, The train. Fixo máis obras de teatro que películas, e hai poucos anos unha sondaxe elaborada entre membros da Royal Shakespeare Company escolleu o seu Rei Lear como a mellor actuación coñecida nunha peza do bardo de Strartford-upon-Avon. Paul Scofield faleceu onte nun hospital perto do seu fogar en Sussex, vítima da leucemia. Eu recordareino sempre pola súa encarnación do patriarca Mark van Doren en Quiz show, unha das interpretacións de que máis gosto de toda a historia do cinema.

actualización: "The critical consensus was that beside Mr. Scofield, Laurence Olivier was lacking in depth and soul, John Gielgud was deficient in physical energy and a sense of danger, and Ralph Richardson was short on versatility", di o obituario do New York Times.

2008-03-20, 15:09 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56373

Comentarios

1
De: Fragaboy Fecha: 2008-03-20 17:38

Huy, que raro, desaparecen las simples y meras opiniones no insultantes hacia las peliculas de la gente.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-03-20 17:40

Non, só desaparecen as tonterías. Pero se quere ter a garantía de que as súas "simples y meras opiniones no insultantes hacia las peliculas de la gente" non sexan borradas, o que debe facer é abrir o seu propio blog.



3
De: Fragaboy Fecha: 2008-03-20 17:42

No es ninguna tonteria, pero es que encima no insulte y tu si lo estas haciendo.

No solo te contradices constantemente intentando vender imagen de justo y coherente (pero siempre solo de imagen) sino que ademas pecas de aquello que criticas y acusas de aquello que la mayor parte de veces en realidad haces tu.

No puedes vigilar tu blog eternamente... Y lo sabes.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2008-03-20 17:49

Para vostede a peseta. Pero no meu blog quen decide o que queda e o que non son eu. E ademais, desde hai tres ou catro anos aí abaixo aparece este texto:

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.

Queda claro?



5
De: Fragaboy Fecha: 2008-03-20 17:52

Queda claro que primero vendes una imagen para ir de guay y luego descubres que ni de coña pretendias ser tan justo, solo era venta de imagen. Claro que queda claro.



6
De: Martin Pawley Fecha: 2008-03-20 18:06

O obituario do Times, aquí.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario





doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley