Se non coñecen Sunrise de Friedrich Wilhelm Murnau, abandonen agora mesmo este blog e póñanse a vela desde o principio, e cando acaben vaian onda o Recanto Silente e gocen coa espléndida colección de cartaces dos filmes do xenial director alemán que tivo a paciencia de escanear David Holm: I e II.
¶
Graciñas pola mención Pawley, non todos están escaneados por min, si a maioría (polo peso distínguense ben), algúns están sacados doutras páxinas de internet.
Sunrise é sen dúbida a película de Murnau que hoxe en día máis chega ao público, é unha das a lo menos cinco obras mestras dunha filmografía escollida, tamén o son Nosferatu, Der Letzte Mann, Faust e Tabu. Entre obras mestras é complicado falar de mellores e peores, cada espectador terá as súas preferencias. Para os que non saiban inglés poden atopar por alí (en Recanto Silente, enténdese) subtítulos en Galego para Sunrise, e non sacados precisamente dunha emisión da TVG ou dalgunha distribuidora, que a unha non sabe o que é o cinema silente máis aló de Chaplin e as outras non saben da existencia do galego.
Eu teño debilidade por Sunrise, un filme de abraiante modernidade feito nunhas condicións de liberdade creativa que hoxe serían imposíbeis en Hollywood. No segundo posto na miña listaxe de preferencias, Der Letzte Mann, e logo xa non sabería escoller entre as outras tres que cita, aínda que o tremendo poder icónico de Nosferatu fai que acabemos pensando sempre nel. Tamén gardo bo recordo -pero moi lonxano- dunha proxección no CGAI de Schloß Vogelöd.
Recoñezo que teño algo abandonado o cinema silente, e xusto agora, coas posibilidades que nos ofrece Internet, é un bo momento para recuperar un feixe de filmes que hai anos sería moi difícil ver. Páxinas como a túa ou a de Ferdinand von Galitzien marcan un espléndido camiño, desde logo.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)