caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Camiñar cara a adiante
> Camiñar cara a adiante <

um

Xa colguei estas liñas de Charles Dickens máis dunha vez aquí no blog, pero segue parecéndome o texto máis lúcido a ter presente en momentos en que cómpre guiarse pola serenidade e a reflexión:

"A voz do tempo –dixo o fantasma- bérralle ao home para que camiñe cara a adiante. O tempo foille dado para avanzar e mellorar, para que aumente o seu valor, aumente a súa felicidade e enriqueza a súa vida; para progresar na procura dunha meta que coñece, que está ao alcance da súa mirada e que se atopa aí desde a época na que naceron tanto o tempo coma el. Desde entón chegaron e se foron moitas eras de escuridade, maldade e violencia, e incontábeis millóns de persoas sufriron, viviron e morreron para sinalar o camiño que se abre diante del. Quen pretenda facelo volverse ou detelo no seu camiño, detén unha poderosa maquinaria que golpeará de morte ao entremetido e que coa súa momentánea detención ha de volverse máis furiosa e salvaxe".

Charles Dickens, As campás

dois

Césare ten razón: un simple asasinato non pode marcar o ritmo dun estado. E se non é un simple asasinato, entón é que a solución non pode vir simplemente pola acción da xustiza e as forzas de seguridade. Mais tampouco abonda coa acción dos políticos. O que é fundamental é a acción da xente.

tres

Paul Eluard escribiu este fermoso poema en homenaxe a Gabriel Péri, escritor e político antifascista executado o 15 de decembro de 1941:

Morreu un home

Morreu un home que non tiña por defensa
nada máis que os seus brazos, abertos cara a vida.
Morreu un home que non tiña máis camiño
que aquel onde se odian os fusís.
Morreu un home cuxa loita continúa
contra a morte, contra o esquecemento.

Porque todo o que el quería
nós tamén o queremos,
nós querémolo a el hoxe.
Que a felicidade sexa a luz
no fondo dos ollos, no fondo do corazón
e a xustiza sobre a Terra.

Hai palabras que fan vivir,
e esas son as palabras inocentes.
A palabra calor e a palabra confianza.
Amor, xustiza e a palabra liberdade.
A palabra neno e a palabra amabilidade.
E algúns nomes de flores e algúns nomes de froitas.
A palabra valor e a palabra descubrir
E a palabra irmán e a palabra camarada
E algúns nomes de países e de vilas
E algúns nomes de mulleres e de amigos
Engadamos o de Péri
Péri morreu por iso que nos fai vivir.
Tratémolo de ti, no seu peito hai un burato
mais grazas a el coñecémonos mellor os uns aos outros
Atuémonos. A súa esperanza fica viva.

2008-03-07, 15:05 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/56102

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.54.120 (0f9f8a5c91)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley