CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > The tallest, darkest leading man in Hollywood
> The tallest, darkest leading man in Hollywood <



"Oh no, it wasn't the airplanes. It was beauty killed the beast". Esta mítica frase pechaba unha extraordinaria historia de amor imposíbel que se convertiu nun clásico instantáneo. Tal día coma hoxe de 1933 estréabase en Nova York o filme King Kong, dirixido por Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack; o animador do becho, Willis O'Brien, estaba de aniversario nesa mesma data. King Kong tivo un éxito espectacular, cousa que lle viña moi ben a unha RKO sempre necesitada de cartos, e fixo de Fay Wray -que antes traballara con von Stroheim en The wedding march- un mito do cinema. A actriz sempre tivo boas palabras para esa película, e pasou boa parte da súa longa vida respondendo amabelmente preguntas sobre o gran gorila e a súa memorábel maneira de berrar. De todas as anécdotas que contou, a miña favorita é esta:
"Merian C. Cooper chamoume á súa oficina, amosoume imaxes de escenas na selva e díxome, Vas ter de coprotagonista ao nacho máis alto e moreno de todo Hollywood. Por suposto, eu pensei en Clark Gable. Pero logo amosoume a imaxe dun simio xigante a carón do Empire State, e dixo, Este é o coprotagonista".

2008-03-02, 02:56 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/55967

Comentarios

1
De: Fragaboy Fecha: 2008-03-03 02:26

Lo de borrar comentarios a qué viene, es Bardem acaso amigo tuyo personal también?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2008-03-03 02:29

Non, pero non me parece correcto que vostede o confunda cun simio. Se quere dicir esas cousas, abra un blog. No meu non lle deixo facelo.



3
De: jorge Fecha: 2008-03-03 07:32

Cando máis nos definimos a nos mesmos é cando falamos dos demais ¿é fragaboy? Iso de meterse con alguén actual nun post que homenaxea un mito do cine de 75 anos de idade (probablemente o primeiro que impresionou a todo o mundo e fixo do cine que logo foi) parece propio da fixación que tiña Walter con Vietnam en The Big Lebowski ¿a qué ven?



4
De: Javier Bardem Fecha: 2008-03-03 15:00

Que ti doy con la moneda, Fragakid, gñe, que nu me cuesta na hacer "economia gestual" (lease no poner puto gesto y voz de estreñido) y me gano otro oscar que meterte po el culo, amos hombre ya.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley