CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Principio e fin (3): La noire de...
> Principio e fin (3): La noire de... <

“La Noire de...” é un fito por ser a primeira longametraxe da historia rodada por un director subsahariano. Diouana é unha moza contratada en Dakar por un matrimonio francés coa fin de que coide os seus fillos. A familia trasládase á Riviera e ela inicialmente acepta a oportunidade de vivir en Francia con entusiasmo, mais axiña descobre que a súa nova función é exercer de asistenta e soportar desprezos; nunha escena especialmente ferinte, un convidado da familia dalle un bico coa escusa de que “nunca bicara unha negra”. Humillada e soa, Diouana decide poñerlle un desenlace tráxico ao seu inferno e suicídase na bañeira cortando as veas. O xefe de Diouana vai a Senegal e intenta entregarlle cartos á nai da defunta, que os rexeita. Nos memorábeis minutos finais, o home é seguido polos arrabaldes de Dakar por un neno que leva unha máscara africana. “La Noire de...” levou en 1966 o prestixioso premio Jean Vigo.

(Do meu epílogo para O xiro postal, de Ousmane Sembène, editado por Rinoceronte)


Escenas iniciais de La noire de... (Ousmane Sembène, 1966)



Final de La noire de... (Ousmane Sembène, 1966)


onde mercar: a película, en Amazon (edición americana) ou na FNAC (edición francesa). A novela O xiro postal, en calquera libraría galega que mereza o nome.

dos arquivos estranhos: Principio e fin (2)

2008-02-21, 23:54 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/55761

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2008-02-22 00:44

Debo precisar que o clip das "escenas iniciais" non reproduce exactamente os primeiros minutos do filme, pois inclúe algúns saltos.



2
De: Cesare Fecha: 2008-02-22 10:52

Como se fai un trackback dunha crítica?
:)



3
De: Martin Pawley Fecha: 2008-02-22 14:04

Así.

No post d'O xiro postal xa estaba ligada a súa amábel referencia. Por certo, parece que o mércores 12 de marzo pode ser un bo día...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley