CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > As siamesas Hilton
> As siamesas Hilton <

Tal día coma hoxe de hai cen anos nacían en Brighton, Inglaterra, dúas nenas unidas polas cadeiras e as nádegas, fillas dunha muller solteira chamada Kate Skinner. A súa xefa, Mary Hilton, acolleu ás rapazas baixo o seu coidado, e con ese apelido pasaron á historia. Daisy e Violet Hilton contarían máis adiante os abusos aos que foron sometidas nunha familia que as preparou para que cantasen e bailasen vendo nelas unhas posíbeis figuras do vodevil. A súa infancia e adolescencia transcorreu nos escenarios. Actuaron en diversas cidades europeas, mais tamén en Australia e nos Estados Unidos, onde fixaron a súa residencia definitiva, e gañaron unha morea de cartos que xestionaron de maneira cobizosa os seus titores, dos que non se emanciparon até o comezo da década dos 30. Nesa época na que triunfaban nos teatros americanos accederon a participar nun filme de Tod Browning que acadou xusta celebridade, Freaks.



A súa seguinte aparición no cinema tardou vinte anos en producirse: Chained for life, unha produción de serie Z chea de elementos autobiográficos que fracasou estrepitosamente.



A fortuna doutrora foi esmorecendo co andar dos anos, e acabaron montando unha hamburguesería en Miami, The Hilton Sisters Snack Bar. O treito final das súas vidas foi ben triste. Durante unha xira para promocionar a reestrea de Chained for life, o seu manager deixounas abandonadas nun drive-in. Sen recursos para marcharen nin cartos para saíren adiante, houberon de poñerse a traballar nunha tenda: o dono mesmo tivo que mercarlles roupa, pois só tiñan a que lucían no espectáculo, obviamente inapropiada para un ultramarinos. Morreron vítimas dunha epidemia de gripe en xaneiro de 1969; a autopsia revelou que Daisy faleceu primeiro e que Violet seguiu viva como mínimo dous días máis.

2008-02-05, 22:21 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/55352

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2008-02-05 22:38

En 1997 estreouse un musical en Broadway que revisaba a vida das irmás Hilton: Side show. Poden ver aquí á parella de actrices que as encarnaron na súa actuación na entrega dos Premios Tony dese ano.



2
De: r.r. Fecha: 2008-02-06 10:11

Permítome facer unha nota ó pé do post:
"É probable (ou casual, que vén sendo o misterioso coñecemento do descoñecido) que a súa historia fose un dos resortes para a escrita dun gran libro: Rinocerontes e Quimeras".



3
De: folerpa Fecha: 2008-02-06 12:42

Efectivamente r.r. o meu libro naceu baixo advocación deste filme.Pilláchesme.
Celebro que Mr. Pawley se lembre destes "monstruos". Por certo, que sería dos outros?



4
De: Cesare Fecha: 2008-02-06 16:13

ahá!!
Así que son as que saen en "Carnivàle"...

More info: http://www.amazon.com/Lives-Loves-Daisy-Violet-Hilton/dp/1580087582/ref=tag_stp_st_edpp_url



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley