Esta semana hai varias actividades de divulgación científica das cales debo dar noticia aquí no blog:
Mércores 6 de febreiro
A uns centos de kilómetros de distancia, en Madrid, preséntase ás 19 horas o novo libro da editorial
Le Pourquoi Pas,
Confieso que he comido, de
Manuel Toharia, nun acto no que tamén participará
Ramón Núñez Centella, director editorial da colección. Alimentación, nutrición, e todo o que se lle pase pola cabeza a
un comunicador certamente excepcional, no Salón do Actos do CSIC na rúa Serrano, 113.
Venres 8 de febreiro
No Castelo de San Antón na Coruña,
tertulia anti-creacionista (que
boa falta fai) coa presenza de
Roberto Bao, Profesor Titular de Paleobioloxía da Universidade da Coruña;
Ernesto Carmena, biólogo, autor de
El creacionismo ¡vaya timo!, publicado por Ed. Laetoli;
Xosé A. Fraga, doctor en Bioloxía e historiador da ciencia, especialista na recepción do darwinismo en Galicia no século XIX;
Aurora Grandal, Profesora Titular de Historia da Terra e Paleontoloxía da Universidade da Coruña e Secretaria do Instituto Universitario de Xeoloxía
Isidro Parga Pondal, e o
equipo de Do the evolution, programa universitario de radio pioneiro na divulgación da evolución e a bioloxía en xeral. Ás sete e media do serán, co abraiante Xosé María Bello como xefe do aquelarre.
Sábado 9 de febreiro
A partir das doce e media da mañá, na FNAC da Coruña (na Praza de Lugo), gravación do programa
Efervesciencia da
Radio Galega, conducido por
Manuel Vicente e
Marta Vila. Nesta edición participarán os neurocientíficos
Casto Rivadulla e
Xurxo Mariño, do grupo Neurocom, artífices dos
cafés científicos que durante o ano da ciencia pasearon por diversas vilas galegas, xunto co actor
César Goldi.
¶