Onte botei o día enteiro en Pontevedra, no
Salón do Libro Infantil e Xuvenil: entrei desde alí para o
Extrarradio e logo asistín á (merecida)
homenaxe que lle fixeron ao meu amigo
Xabier P. Docampo.
A exposición sobre
O'Mestre estaba presidida pola imaxe dunha bolboreta creada por Xosé Cobas, a outra metade do
dream team da LIX galega.
Entre os presentes, un convidado de luxo:
Juan Farias, un dos grandes.
En vindeiros días subirei as gravacións coa
laudatio que Fina Casalderrey preparou para Xabier, e o discurso que este fixo en agradecemento pola homenaxe, tan breve coma intenso.
para saber máis: unha anotación
no blog de brétemas
dos arquivos estranhos: Fina fala de Xabier, laudatio do escritor Xabier P. Docampo a cargo de Fina Casalderrey;
Escribo para lerme, palabras de agradecemento de Xabier P. Docampo no Salón do Libro de Pontevedra.
¶