Antes da primavera habémolo ver encarnando a un dos seis Bob Dylan do agardado filme de Todd Haynes I'm not there. Uns meses despois, en agosto, chegará The Dark Knight, a nova entrega de Batman na que Ledger fai o personaxe do Joker. O seu seguinte proxecto xuntouno outra vez con Terry Gilliam, para quen fixera aquela dos Irmáns Grimm. The Imaginarium of Doctor Parnassus empezou a rodarse en decembro, así que resulta difícil aventurar até que punto o suicidio a morte por sobredose do actor vai afectar a unha produción de corte independente mais non precisamente barata (uns 30 millóns de dólares). Hai precedentes: Terry Gilliam xa sabe o que é a interrupción dunha rodaxe.
A película pola que ficará na nosa memoria -grazas, sobre todo, ao talento do guionista Larry MacMurtry- é Brokeback Mountain, pero hoxe tamén quixera recordalo pola súa amizade co meu admirado Ben Harper (que por certo é o marido de Laura Dern). Hai cousa dun ano Heath Ledger e Ben Harper anunciaron o nacemento dun selo discográfico, Masses Music, que tería como primeiro lanzamento unha cantante australiana, Grace Woodroofe. Ledger foi ademais o director do vídeo musical da canción Mourning Yearning (do disco Both sides of the gun), cuxa letra de melancólica esperanza casa moi mal coa tristeza das necrolóxicas.
Fragaboy, vexo que non adoita ler con atención o meu blog. Se se fixara ben, decataríase deste texto que leva publicado no blog polo menos tres anos: O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados. O comentario que deixou nun post anterior cumpre varias das condicións aí expostas. Para dicir insensateces, recoméndolle que abra a súa propia bitácora.
Certo, XabaCeleiro, vou corrixir esa parte do post (aínda que non penso que falar de suicidio sexa difamar a ninguén: o suicidio é unha opción individual, libre e dignísima). O actor morreu por sobredose de pastillas, iso é seguro. Que a sobredose sexa "accidental" ou "voluntaria" é algo que nunca chegaremos a saber, pois quen podería darnos a resposta é el e xa está morto. O actor non pasaba polo seu mellor momento e mesmo recoñecía en público a súa disconformidade cos seus últimos traballos (en particular o seu papel en I'm not there). Pero vaia, si, sería unha sobredose accidental...
Nunha entrevista no New York Times do pasado mes de novembro: “I feel like I’m wasting time if I repeat myself,” he explained. Nor is he ever happy with his performance, exactly. “I can’t say I was proud of my work,” Mr. Ledger declared of his latest role, in “I’m Not There”, Todd Haynes’s strange, audacious new film, which attempts to get to the heart of Bob Dylan by dancing around him. “I feel the same way about everything I do. The day I say, ‘It’s good’ is the day I should start doing something else.”
¿Pero tan difícil é falar (ou discutir, dame igual) das cousas con certa "normalidade"?
Evidentemente Fragaboy non creo que entendera o meu anterior comentario.
RnR Forever
Unhas poucas recomendacións para Fragaboy, con humildade:
JJ Cale, Jack Johnson, Ben Harper, Jayhawks, ...
Tranquilidade, vamos.
Disque no filme de Terry Gilliam "The Imaginarium of Dr. Parnassus" o personaxe de Heath Ledger vai ser encarnado por tres actores: Johnny Depp, Jude Law e Colin Farrell.
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)