CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > ¡Nuevos casos de historias inquietantes!
> ¡Nuevos casos de historias inquietantes! <

El País dá novas probas de desprezo pola ciencia (é dicir, pola cultura) e inicia unha promoción a maior gloria de Iker Jiménez. O primeiro número ademais vai de agasallo, nun esforzo pola difusión dos tópicos magufos que deberiamos procurar non esquecer:

"Casos y enigmas de lo oculto que te pondrán los pelos de punta. Iker Jiménez, periodista especializado en la investigación de fenómenos extraños y conductor del conocido programa de Cuatro “Cuarto Milenio”, sigue arrojando luz sobre el misterio y te acompaña, junto a un gran equipo de profesionales, en un asombroso viaje por el ocultismo. 25 piezas únicas en formato libro-DVD con la información más impactante sobre brujería, apariciones, magia, conspiraciones y muchos más casos insólitos para los que se trata de dar una explicación científica, si la hay".

2008-01-19, 14:27 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/54931

Comentarios

1
De: arume dos piñeiros Fecha: 2008-01-20 00:26

Hoxe quedei pampo no Carrefour de Vigo cando vin unhas cabinas de meigas a cinco euros a consulta. Dentro unhas táboas redondas e unhas ghichas con cartas e bolas. Non daba crédito.



2
De: Syldaвija Fecha: 2008-01-20 01:37

Canto máis burros sexamo, mellor!



3
De: peke Fecha: 2008-01-20 15:20

Non me negarán que hai fenómenos inquietantes e desconcertantes no mundo para os que a ciencia aínda non ten explicación. Non nos debería estrañar que xurdise xente disposta a fornecer a súa. Tamén na Idade Media se coidaba castigo divino a peste e outras cousas porque non se sabía máis. Non sei se me explico.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2008-01-20 15:59

peke, que a ciencia non teña explicación para moitas cousas non supón, xustamente, que calquera explicación trapalleira sexa válida. Máis aínda cando as "respostas esotéricas" non só non aportan ningunha explicación "demostrábel", senón que se opoñen expresamente a cuestións científicas ben demostradas desde hai séculos. A homeopatía, por exemplo, nega principios químicos elementais que se estudan na ESO. Crer nos OVNIS é unha maneira de chamarnos idiotas aos afeccionados á astronomía que levamos botado unha incontábel morea de horas de observación sen que nos cadrase de ver ningún obxecto voador para o que non soubesemos dar unha explicación sinxela (curiosamente, os seguidores de Iker saen ao monte unha vez nunha desas disparatadas alertas-OVNI que monta de cando en cando, e ven misterios por todas partes). Exemplos coma eses hai ducias e ducias, e case sempre se basan na ignorancia e na inxenuidade da xente que quere crer, coma o axente Mulder daquela famosa serie.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley