Seguramente moitos descoñezan que o medallista olímpico e actor Johnny Weismuller naceu en territorio austrohúngaro, segundo algunhas fontes na vila de Párdány, hoxe Međa, na actual Serbia. A súa familia emigrou aos Estados Unidos cando el apenas tiña sete meses, así que do bebé János Weißmüller pouco debía quedar cando se convertiu nunha celebridade da natación e máis adiante do cinema, a conta dos filmes de Tarzán. En calquera caso, parece que os políticos do seu concello natal están moi orgullosos de que unha estrela de Hollywood botase alí os seus primeiros choros: o camarada Syldaвija acaba de contarme que lle cambiaron o nome da praza principal da vila, antes dedicada ao Mariscal Tito, polo de Johnny Weismuller, para ademais colocaren unha estatua del como reclamo turístico.
¶
David Meca anda a cruzar todo o que está separado por auga salada a nado, especialmente o estreito que separa Europa de África, eu propoño cambiar xa o nome da illa Peregil por David Meca (¿ou Federico Trillo?)
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)