caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Unha manifestación pola liberdade
> Unha manifestación pola liberdade <



A do domingo é unha manifestación pola liberdade. Pola liberdade, si: a dos tres veciños do Eixo que están cumprindo unha condena desmedida e inxusta. Acaban de concederlles o segundo grao e grazas a iso poden saír a traballar polo día para volver a prisión cada noite. Algo é algo. Mais o segundo grao non significa aínda a liberdade. O segundo grao é unha situación intermedia entre a reclusión e o réxime aberto que aplican as institucións penitenciarias "a aqueles penados en que concorran unhas circunstancias persoais e penitenciarias de normal convivencia". É, pois, unha decisión da Dirección Xeral de Institucións Penais, non do goberno, e non ten nada que ver cun indulto. O indulto é outra cousa, e se hai un mes saímos á rúa para pedilo, este domingo temos exactamente as mesmas razóns para facelo. Máis, talvez, pois sabemos que o apoio popular a esta causa é un aspecto fundamental para conseguirmos que o indulto sexa concedido. Por iso a deste próximo domingo debe ser unha manifestación masiva. Temos que ser moitos os cidadáns que asistamos, para demostrarlles con claridade e civismo aos que deben tomar a decisión que estamos cos veciños do Eixo e que queremos que a súa situación se resolva canto antes. Vouno repetir unha vez máis: a manifestación do domingo significa liberdade. Liberdade para Xosé, para Simón e para Xesús. Liberdade para tres cidadáns; liberdade, en suma, para todos.

CONCERTO
Venres, 14 de decembro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) CONCERTO SOLIDARIO COS TRES DO EIXO coa actuación de Espido (Guadi Galego e Guillerme Fernández), Talabarte Trío (Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin García) e Marful. Presentará Xurxo Souto. Prezo: 6 euros (haberá fila cero).

MANIFESTACIÓN
Domingo, 16 de decembro, ás 12:30 horas, na Alameda de Santiago, grande MANIFESTACIÓN a prol do INDULTO PARA OS VECIÑOS DO EIXO.

para saber máis: Os tres do Eixo (blog)

2007-12-14, 02:52 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/54059

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.118.102 (1dcd232d5d)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley