Abra la ventana, desde hace unos días puedo volar
Inicio > Historias > Ignacio Chao
> Ignacio Chao <

Vai unha noite estupenda aquí no Corralón Manchego. Agora ando xusto de tempo, pois aínda que sono non teño mañá hai que se erguer cedo e non debera trasnoitar facendo uso do PC do hotel, grazas ao cal estou posteando no blog e falando con opaco -que raro se me fai empregar Windows, por certo. Pero xa que me puxen voulles dicir dúas cousas: a primeira, que deben subscribirse canto antes á Revista Bloc, cuxo fermosísimo número cero foi presentado onte nun acto que culminou coa palabra sabia d'O Mestre, un dos responsábeis da publicación. A segunda, que levei unha alegría grande, pero grande grande, ao atopar entre os asistentes ao amigo Ignacio Chao, con quen sempre dá gusto falar, e cuxas moitas virtudes poden resumirse nunha soa: é unha boa persoa. Boísima. Así de sinxelo.

2007-11-22, 01:15 | 2 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/53581

Comentarios

1
De: opaco Fecha: 2007-11-22 01:49

Xa lle dixen que ten que comprar un portátil, que un día vai coller unha infección utilizando PCs alleos co windows ese. A saber o que pasa por aí ;)



2
De: XabaCeleiro Fecha: 2007-11-23 11:51

Docampo non é máis papón porque é papón de máis para selo. Non sei qué carallo lle ves.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.179.241 (abd9886ba3)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley