Recibo hoxe un envío de Cesare desde vilamarple: unha bolsa de tela ilustrada cunha imaxe do filme Xala do patriarcaOusmane Sembene, recordo do Festival de Cinema Africano de Edimburgo, Africa in Motion. Esa é a clase de agasallo polo que eu experimento gratitude eterna. Prosegue, iso si, o misterio: o mataselos pon "Auckland Mail Centre", en New Zealand. O de hai un mes era aínda máis estraño: o folleto coa programación do devandito certame chegoume asombrosamente rápido, pero con mataselos en francés que pedía que o sobre fose devolto a Alemaña en caso de enderezo erróneo. A única explicación que temos polo de agora é esta.
¶
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.