CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Unha boa decisión
> Unha boa decisión <

Durante a excelente conferencia sobre transplantes que impartiu dentro da Mostra de Ciencia e Cinema, o cirurxián José Cuenca fai repetidas alusións ao déficit de doazón de órganos que existe no noso país. Os anuncios triunfalistas doutrora que colocaban o complexo hospitalario Juan Canalejo á cabeza do estado por número de transplantes de corazón ocultaban un dato decisivo: que practicamente a metade dos órganos empregados chegaba de fóra de Galiza. O problema é que a progresiva descentralización do sistema sanitario estimulou o desenvolvemento de unidades de transplantes nas diferentes autonomías, e o que se promove agora é un certo nivel de "autoabastecemento" de órganos: sen contar aqueles casos de máxima urxencia -os chamados código cero-, a tendencia é a que cada centro hospitalario realice tantas operacións de transplante como doazóns consiga. Se en Galiza non se fan máis transplantes, en suma, é porque non hai máis órganos; e o certo é que as estatísticas de doazón non nos deixan en bo lugar. Non só estamos por debaixo da media estatal, 33,8 doazóns por millón de habitantes, senón que constituimos unha desafortunada excepción na metade norte peninsular: os veciños asturianos sácannos once puntos de vantaxe, e os vascos máis de quince.



O 15,2% das familias ás que se lles explica a posibilidade de empregar os órganos da persoa falecida para salvar outras vidas rexeita a doazón. Cada ano pérdese a oportunidade de facer centos e centos de transplantes por mor desas negativas; por iso é extremadamente importante que todos tomemos conciencia do problema e que expresemos da maneira explícita diante da nosa familia o desexo de doar os nosos órganos tralo falecemento. Aínda que non é nin moito menos imprescindíbel, si é útil para deixar clara a nosa intención obter a tarxeta de doador, que pode conseguirse cubrindo este formulario online. Non leva nada de tempo, así que se non o fixeron até agora non o deixen para despois: este é un momento estupendo para tomar unha boa decisión.

2007-11-15, 03:37 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/53423

Comentarios

1
De: dedoscomovermes Fecha: 2007-11-15 18:08

Todo o que contas é certo, mas há umha práctica (ou umha teoria, nom sei) que nom acabo de compreender:
Eu som doante de órgaos e tenho o meu cartom. A minha família é sabedora e de momento comparte a minha decisom.
Mas, segundo entendim em todos os formulários que pre-enchim, chegado o hipotético momento de eu falecer, a minha vontade nom vale de nada e segue a ser a minha família a decidir, feito com o qual nom concordo em absoluto.
De aí que ti digas que o cartom nom é imprescindível, mas sim útil: porque nom tem valor legal.
E nom entendo por que: se eu explicitamente digo que sim, por que outras pessoas podem dizer nom no meu nome? Compreendo que a família poda decidir em caso de nom deixar vontade escrita, mas quando esta se deixa clara, suponho que deve ser respeitada.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2007-11-16 00:45

Pois atenda a isto, dedoscomavermes: a Lei española, en teoría, é aínda moito máis xenerosa, pois asume que calquera persoa maior de idade que non expresase claramente a súa negativa á doazón, dá implicitamente a súa autorización para a extracción dos órganos. Outra cousa é que na práctica nunca se dea ningún paso sen o consentimento da familia, supoño que por cuestións de orde no hospital, para evitar situacións dramáticas, tensas, etc. Aquí ten unha ligazón ben interesante; mire o que conta:

La ley vigente sigue exigiendo el consentimiento expreso para los trasplantes entre personas vivas. Sin embargo, como es sabido, introduce una importante modificación en materia de donaciones de órganos para después de la muerte: de acuerdo a su art. 62, a partir del 1 de enero de 1996, debía presumirse que toda persona capaz mayor de dieciocho años que no hubiera manifestado su voluntad en forma negativa, había conferido su autorización para que se le extrajeran sus órganos con fines terapéuticos luego de su muerte. Sin embargo, se trataba de un consentimiento presunto relativo”, ya que imponía el respeto de la voluntad de los familiares del difunto, que podían oponerse a la ablación.



3
De: dedoscomovermes Fecha: 2007-11-16 14:29

sabia-o, por isso nom sabia se colocar, ao começo da minha intervençom, a palavra prática ou a palavra teoria...
Essa lei faz ainda mais escandalosa a prática hospitalar, pois sigue anteponhendo o consentimento familiar ao bem público, ainda existindo o consentimento expresso por parte da pessoa doante.
sinceramente, eu aguardo nom doar muitos dos meus órgaos, porque espero chegar a velha e deixá-los bem usados e gastadinhos; mas também me incomoda saber que, por muito que eu tenha feito em vida (toda essa papelada, dizer-lho à minha família e à minha médica de cabeceira -consta no meu historial médico-, exercer a minha solidariedade doando sangue regularmente..., etc.), chegado o momento todo dependerá do ánimo e a vontade dos meus pais, que precisamente, por estar sob trauma ou choque emocional -isso espero- nom deveram decidir tal cousa.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2007-11-16 14:51

Concordo totalmente co que dis.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario





doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley