caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A forma do jazz a vir
> A forma do jazz a vir <

En 1959 Ornette Coleman cambiou para sempre a historia do jazz coa publicación do lendario The shape of jazz to come na compaña de Don Cherry, Charlie Haden e Billy Higgins. Corenta e oito anos despois, o xenio pecha o seu concerto na Coruña coa mesma peza que abría aquel disco prodixioso, a abraiante Lonely woman. Despois de hora e cuarto electrizante, a interpretación soa inevitabelmente a despedida, case a epitafio. Mentres aplaudo posto en pé reparo en que o máis probábel é que nunca teña ocasión de velo outra vez tocando ao vivo.

Tanto dá: puidemos escoitalo. Estaba alí, no escenario, ancián e fráxil, impartindo leccións maxistrais de gramática, libre e sabio: o arreguizo na pel permanecerá aínda connosco cando xa non nos quede memoria de case nada.

2007-11-14, 02:24 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/53395

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.71.19 (f78779fd3b)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley