caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Daft Punk's Electroma
> Daft Punk's Electroma <



A (simpática) presión exercida durante meses sobre os programadores do CGAI por un grupo de irreductíbeis encabezado polo crítico e xornalista arxentino Marcelo Panozzo, alimentada por peticións online públicas e unha longa serie de imaxes privadas, acabou por surtir efecto. Finalmente o filme Daft Punk's Electroma foi proxectado onte cunha notábel asistencia de espectadores, que seguimos con atención e sen atrevernos a escapar da sala (cousa que tería sido razoábel) o ir e devir da parella de robots que queren ser humanos. Nos seus mellores e desérticos momentos a película faime pensar en Gus van Sant, pero tamén nos Teletubbies, circunstancia esta que define moi ben as sensacións que me produciu, a medio camiño entre a perplexidade e a indiferencia. Vista no contexto axeitado sospeito que Electroma aínda debe dar para unhas risas.

2007-11-04, 18:30 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/53213

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.108.19 (519c7a46e7)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley