"Nacín en Milwaukee, Wisconsin, durante a Segunda Guerra Mundial, nunha comunidade obreira xermana que enviou aos seus fillos a loitar contra os seus curmáns. O meu pai traballaba na liña de montaxe dunha fábrica metalúrxica que daquela estaba construíndo equipos de aterraxe para o exército americano. Máis tarde e de maneira autodidacta el fíxose deseñador de edificios. Durante os meus primeiros vinte anos de vida xoguei ao béisbol, e estudei matemáticas na universidade grazas a unha bolsa deportiva. Abandonei antes de graduarme por negarme a un aprazamento militar (os meus amigos estaban morrendo en
Vietnam) e traballei con emigrantes en Colorado aprendéndolles aos seus fillos a ler e escribir. Despois axudei no desenvolvemento dun programa de produtos de primeira necesidade que proporcionaba alimento aos pobres de
Missouri Ozarks. Con 33 anos obtiven o título universitario na Universidade de Wisconsin, onde estudei con
David Bordwell. Durante os seguintes catro anos dei clase de cine na Universidade do Noroeste, na de Wisconsin, na de Oklahoma e na de California San Diego. En 1980 trasladeime a Manhattan para facer películas financiadas pola televisión alemá. Despois de oito anos en Nova York marchei para
Val Verde, California, e actualmente son profesor residente de cine e vídeo no
Instituto Californiano das Artes. Ao longo dos últimos vinte e cinco anos
dirixín catorce longametraxes que foron exhibidos en moitos
lugares diferentes do mundo".
(Perfil do cineasta na web do Instituto Californiano das Artes)
¶