Cun apelido coma o seu sobran as presentacións. Cando Ève naceu en decembro de 1904 os seus pais xa tiñan na casa
un Premio Nobel de Física "en recoñecemento ás extraordinarias aportacións conxuntas no estudo do fenómeno da radiactividade descuberta polo Profesor Henri Becquerel".
Pierre morreu sendo ela aínda unha nena que non chegaba ao ano e medio, atropelado por un carro.
Marie acadaría poucos anos despois, en 1911,
outro Premio Nobel, desta volta o de química, "polo descubrimento dos elementos radio e polonio, o illamento do radio e o estudo da natureza e compoñentes dese importante elemento". Na familia Curie aínda habería
un Premio Nobel máis, o de química que levou a outra filla,
Irène Joliot-Curie, na compaña do seu marido
Frédéric en 1935.
Ève non se dedicou á ciencia, pero é en boa parte responsábel da popularidade da súa familia por ter publicado hai setenta anos unha biografía da súa nai,
Madame Curie, que acadou unha enorme popularidade en todo o mundo. Tanta, que en 1943 inspirou a produción
dun filme da
MGM dirixido por Mervyn LeRoy e protagonizado por unha das máis grandes parellas dos anos dourados de Hollywood, Greer Garson e Walter Pigdeon:
A
necrolóxica do New York Times conta que ao final dos seus días, Ève Curie tiña certo sentimento de culpa por ser a única muller da familia que escapara a toda unha vida entregada á radiactividade e as súas
molestas consecuencias.
¶