CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Metrópolis, novo programa na RDP África
> Metrópolis, novo programa na RDP África <

No seu momento non cheguei a dicir no blog nada do meu paso polo IndieLisboa; si deixei uns cantos chíos. O certo é que a experiencia foi magnífica, tanto que non vou ter máis remedio que repetir a visita o ano que vén. A programación é moi completa, e o que non chegas a ver nas salas de cinema -os horarios de proxección non dan moito xogo- podes recuperalo logo na videoteca, onde tes acceso non xa ao que se exhibe no certame, senón literalmente a cantos filmes foron presentados a selección. Alén diso, a xente da organización é tan entusiasta, eficiente e amábel que é imposíbel non sentirse a gusto en todo momento, lonxe do elitismo e os desprezos que se estilan noutras latitudes. Boas películas e boa xente: que máis podo pedir?

Naquelas xornadas lisboetas houbo tempo para felices encontros e para novas amizades; para pasar por unha discoteca con dono ilustre, alternar de madrugada nun ignoto local caboverdiano e mesmo para beber vinho verde e disfrutar dos fados ao vivo, facendo de turista típico por unha noite. Tamén houbo horas para compartilas cos amigos, coma o Rogério Gomes e aqueles que con el viñan, amigos meus tamén en consecuencia. Ao bo do Rogério estíveno escoitando hai un pedazo; estreaba programa na RDP África, Metrópolis, dedicado á música portuguesa. Todas as quintas feiras, ás 23 horas, medianoite na Galiza, nestas frecuencias para os que vivan en Portugal, Cabo Verde, Guiné-Bissau, Moçambique e São Tomé e Príncipe, ou en emisión online, que evidentemente é o meu caso. O programa, quase não é preciso dizê-lo, é estupendo. E aceitam-se pedidos, disque.

2007-10-19, 03:08 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/52896

Comentarios

1
De: peke Fecha: 2007-10-20 14:50

Non ten que ver co post, pero vexo que ten na dereita o libro de T. Moure, Benquerida catástrofe. Gustoulle?



2
De: Martin Pawley Fecha: 2007-10-21 20:24

Moito, moito. Mañá ou pasado poderá comprobalo no ProTexta.



3
De: Rogério Gomes Fecha: 2007-10-25 15:07

Que posso dizer?!
És o maior!

Bem hajas!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.61 (075cbc2d8b)
Comentario

tradución automática: es pt






doa os teus órganos!



axenda cultural



están vivos!



os arquivos estranhos

cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley