"Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico “Tu Quoque Iolanda?” e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar".
(na web dos Aduaneiros sem fronteiras)
¶
E el será que YC non ten dereito a que se retire da fiestra pública algo que considera insultante?
Será que o que me é insultante non son eu quen o define senón o outro, o que di o insulto? Non estaría mal, poderíamos eliminar palabra "insulto" das linguas todas, xa nada o sería?
Se os aduaneiros tan seguros están de que o único que facían era exercer o seu dereito a liberdade de expresión, por que retiran a páxina? Que a deixen que a demanda que lles poida poñer YC non vai ter éxito, a liberdade de expresión é un dereito "constitucional".
Por certo, eu estou con YC e máis con Isaac Díaz Pardo, non confundamos as cousas.
Xabier, ao mellor non están dispostos a ese esforzo. Ao mellor non lles dá a gana, e non queren meterse en leas coas que non van sacar nada en limpo. Seguramente, YC si considera que con todo isto ela gaña; eu penso que se equivoca, e que este é un bo exemplo de como querer apagar un lume con gasolina, pero eu non son ela.
No es solo como dice Martin un esfuerzo defenderse de un pleito, también supone un desembolso económico. Hay que pagar abogados, procuradores y demás. Es posible que luego al otro le condenen en costas, pero de momento hay que poner dinero.
Hace un tiempo me sentí considerablemente insultada y consiguieron que mi nombre, el de verdad, saliera en internet en comentarios que yo consideraba insultantes.
Cabrea mucho, la verdad. Pero pasado el primer sofoco, me puse a valorar si eso me afectaba en algo más y la verdad es que no. El mero hecho de que alguien diga algo que otro considere insultante no debería llevar a ese alguien a un pleito. Una sociedad así sería invivible.
Otra cosa es que quizá haya gentes y situaciones en que los insultos si que tengan una consecuencia más grave que el mero cabreo que se lleva el insultado. Quizá en ese caso, si que se debería poder defenderse el insultado recurriendo a los tribunales si fuera preciso. No sé, no lo tengo tan claro.
¿Qué daño sufre YC exceptuando el disgusto, que es algo muy subjetivo?
Gustoume a parte da ilustración na que ela aparecía entunicada co sangue chorreando polo coitelo. Nunca entendín a parte do xogo de vestila e desvestila. ¿Qué parte é a que lle resultou ofensiva a ela?
e SE AGORA falase mal da tipa neste comentario e Pawley non o borrase... estarías correndo algún tipo de risco a seren demandado¿?
E se case todos os blogs-do-millo acordasedes un día pra criticar e publicar un deseño crítico e humorístico do que representa -alomenos na faceta noxenta que ela representa do "por que eu o valgo"- nos marxes do correcto, ¿atopariavos todos no risco de pechar os blogs?
Anónimo, á marxe do risco a ser ou non demandado, hai unha cousa que eu teño moi clara: se vostede ou calquera outro deixa comentarios que eu xulgue inapropiados sobre YC no meu blog, eliminareinos sen a máis mínima dúbida (hai un textiño aí abaixo pola dereita que o explica).
Non hai que levar as cousas por onde non son: YC non pechou a web dos Aduaneiros; pechárona eles porque lles deu a gana, nun arrouto que a algúns lles parecerá desproporcionado, e a outros (por exemplo, a min) non só lexítimo, senón tamén eficaz e razoábel. O que eu non entendo do affaire YC é que a poetisa non intentase resolver o asunto dunha maneira amigábel, tendo como ten mil formas de chegar aos aduaneiros, se é que o problema está nos comentarios que alí foi deixando a xente. E se o problema é o deseño gráfico "per se", como parece á luz da entrevista publicada en "La Opinión", a cousa cambia radicalmente...
O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.