Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > A prol do indulto para os veciños de O Eixo
> A prol do indulto para os veciños de O Eixo <

En novembro do 2003 faleilles dos tres veciños do bairro compostelán de O Eixo que foran condenados a sete anos de prisión por agredir a un policía nacional durante unha manifestación. Os acusados recorreron sen éxito a decisión xudicial, e finalmente optaron por solicitar o seu indulto. A decisión do Consello de Ministros chegoulles hai apenas unhas semanas, aínda que se produciu na altura do mes de abril, antes das eleccións locais, e foi infelizmente negativa, de maneira que os tres veciños, Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montorio, deben ingresar en prisión.

Non é xa momento de cuestionar a decisión dos tribunais, á marxe de que cada un teña a súa lexítima opinión sobre o tema, pero si estamos a tempo de preguntarnos as razóns polas cales o goberno Zapatero considera que non son merecedores do seu perdón un fontaneiro, un libreiro e un chófer en nómina da Xunta, persoas todas elas perfectamente integradas na sociedade, sen antecedentes penais e no caso de Jesús con fillos ao seu cargo. Os veciños da Asociación Domingo Cepeda de O Eixo están novamente recollendo sinaturas en apoio dos seus compañeiros; neste enderezo teñen un documento-modelo por se queren colaborar (prégolles difusión da causa). Temos de prazo até o mércores 10 de outubro. As sinaturas deben ser enviadas ou entregadas no local da asociación:

Asociación de Veciños Domingo Cepeda
Lugar de Bornais, s/n
Santiago de Compostela


para saber máis: "O Goberno indultou a catro policías condenados por torturas mentres mantén a condena aos veciños de O Eixo", post no blog Movemento polos dereitos civís. Anteriormente, nese mesmo blog: O MPDC pide que se investigue a responsabilidade dos feitos acontecidos en O Eixo (28/10/2003), Houbo varias irregularidades na condena a varios veciños do Eixo (11/02/2004), Indulto para os veciños do Eixo (12/06/2006).

2007-10-08, 00:46 | 8 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/52655

Comentarios

1
De: leco Fecha: 2007-10-08 16:44

Isto é unha atrocidade. Súmome á denuncia.



2
De: sara jess Fecha: 2007-10-30 15:15

o meu gran de area no artigo de hoxe: www.ocartafoldesilencios.blogspot.com

e un video que espero estea pendurado hoxe na rede. grazas por ter cuberto deste xeito, e dende o comezo, esta historia de tres homes que poderiamos ser calquera de nós.



3
De: GALIZA Fecha: 2007-10-30 21:12

Non ó indulto!
Indulto porque? Feriron a un traballador e nunca pediron publicamente o perdon do afectado... Primeiramente deberianlle pedir perdon ó agredido e despois se este o considera oportuno darlles o perdon, pero parece saber que nunca existiu ningún destos extremos...
Que pagen o que fixeron como calquera dos delincuentes que temos nas rúas se indultamos a este agresores dentro de pouco teremos que indultar a todos, se cumplan a condea que lles foi imposta.



4
De: galiza Fecha: 2007-10-31 00:30

O "trabalhador", estava "a travalhar". Nao é? Tivo um accidente laboural. Nao é? Foi durante a sua rutina de "travalho", que consiste em machacar a vizinhas e vizinhos de todas as idades (porque claro, prove, é o seu "travalho" e ele tém que fazer o que lhe mandam, ao seu pesar, o coitadinho), foi durante o seu "travalho" que tivo um lógico accidente, incrementado coa sua temerária (chulesca? sádica?) actitude num travalho de risco (sic!). A quem se lhe ocorre! Ir bater contra umha masa informe de gente normal com tam poucos médios... porras, esposas, petos, cascos, botas, sprays*, escopetas de goma, grileiras, escudos e o loooooooongo e flexível peso dessa "lei" para proves e para ricos da qual ele é braço armado. Foi da-las e levou-nas. Mágoa!
Ou é que leva-las nao é parte do seu "travalho"?
Que pida ele perdao. Por fazer o seu "travalho" de merda. Nao sabe o quê é suar para viver. Que busque um travalho decente...

(aviso para fiscais): Eu nem conheço aos 3 do Eixo. Nao seja que ainda tenham que responder também po-las opinioes verquidas nos foros de internete. A minha opiniao resume-se em que ogalhá as levaram eles, os "funcionários", nao umha, se nao moitas, de cada vez que ousam levantar a sua mao armada contra qualquer pessoa indefensa. Insisto: Esta opiniao é minha, nao d@ administrador/a do site, nem das vizinh@s... porseaca



5
De: Anónimo Fecha: 2007-10-31 00:40

déixoche aquí o enlace do video:

http://stage6.divx.com/user/arredemotv/video/1796840/Os-tres-do-Eixo. acabamos de chegar de Teixeiro, e a resposta da xente vale máis que calquera palabra. un aplauso longo, infinito, foi o que se escoitou no medio da chuvia recén caída. ás veces sobran as palabras.

saúdos



6
De: Martin Pawley Fecha: 2007-10-31 00:40

Pois entón, galiza, será mellor que todos moderemos a linguaxe e non respondamos nin alentemos provocacións innecesarias. Do que se trata agora é de conseguir un indulto; non se trata de poñer en cuestión a sentencia, nin de discutir os feitos, iso tanto ten, nesta altura. O que se dirime é se estes tres veciños deben estar no cárcere, se para o conxunto da sociedade é mellor que están en prisión ou en liberdade. Os que pensamos que a finalidade da xustiza non é o castigo, senón a rehabilitación e a integración dos delincuentes, evidentemente estamos a favor do indulto para os tres do eixo, pois non supoñen perigo algún para ninguén e fannos máis falta fóra que dentro. É así de simple.



7
De: galiza Fecha: 2007-10-31 01:24

ok Martin Pawley. Levas raçao... Nao me devera deixar levar po-lo troll.



8
De: JOSE Fecha: 2008-01-09 16:53

be, jo lo que tinc que dir es que per a otorgar l,indult previament el penat te que demostrar el seu arrepentiment, còsa que no han fet, i no vuic dir que siguen culpables no, lo que dic es que sense arrepentiment no es consedeix l,indult. Perque l,indult no perdona el delicte, sino la pena impossa, i jo avans de perdre estar ab la meua familia si tinc que demanar perdó el demane i me menje el meu amor pròpi, aixó es lo que jo faría.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.107.191.90 (a172c24336)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley