caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Leo de Matamá
> Leo de Matamá <

Onte tocaba O leo i arremecághona na Coruña, e nun escenario ben inesperado, o Jazz Vides. Escatolóxico, teatreiro e provocador, Leo de Matamá proba no show a indiscutíbel galeguidade de The Clash e funde nunha mesma canción a música de Te recuerdo Amanda e o ánimo retranqueiro de Las casitas del barrio alto, sempre cun aire cañeiro e punk, pero por riba de todo con humor, con moito humor, e quen non ande sobrado disto mellor que non se moleste en ir velo. Ao rematar o concerto imos tomarlle algo á Terraza, atendendo á proposta de Viascón que nos avisa que esa noite hai alá jam session rockeira.

Na conversa co Leo acaba aparecendo o nome do defunto Frank Zappa, autor de creatividade inesgotábel e entusiasta defensor da liberdade de expresión, cuxa vida e obra estivo marcada por un permanente espírito lúdico.



Eu non perdín a ocasión de recomendarlle as músicas dese curmán brasileiro de Frank Zappa, o xenial Tom Zé, un home que tampouco está moi preocupado que digamos polas formalidades e convencións.



para saber máis: o disco d'O leo i arremecaghona de balde n'A Regueifa; a páxina oficial de Tom Zé e a de Frank Zappa; un blog en español sobre os filmes de Frank Zappa e a web de Esperando o pagode, con abundantes petiscos desa opereta-alfaia creada polo Tom Zé.

2007-10-07, 23:43 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/52653

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.136.26 (0935b18b09)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley