Muchachote grispálido / Aguerrido mariachi de la nada
Inicio > Historias > Malia todo
> Malia todo <

Seino, seino: estiven inexplicabelmente ausente do blog, eu que pensaba que desta volta disporía de moito máis tempo que en edicións anteriores. Non foi así, por suposto: levo no corpo máis películas que horas de sono, e a estraña sensación de que estes dez días de Festival duraron coma pouco un mes. De regreso á Coruña completarei como corresponde o meu diario donostiarra, pero xa que hai sitio na sala de prensa non quero desaproveitar a ocasión de facer algúns comentarios sobre o palmarés. Para empezar debo dicir que non ofende tanto coma outras edicións: os filmes de Wayne Wang e Hana Makhmalbaf son cousiñas correctas que esqueceremos pasadomañá, pero que dificilmente poden inspirar grande animadversión. Non é porén explicábel o galardón para Nick Broomfield pola nefasta Battle for Haditha, nin o de Blanca Portillo por Siete mesas... (ou era Siete vidas...?), e resulta alarmante a ausencia de David Cronemberg, o nome máis ilustre que había na sección oficial. Alégrame moito a presenza de John Sayles, porque faga o que faga deixa sempre claro que é un gran tipo (xa lles contarei o meu encontro con el no Altxerri, o emblemático local de jazz desta cidade), pero sobre todo entusiásmame a enorme lucidez do xurado Fipresci, que recoñeceu a que con moita diferenza é a mellor obra vista aquí en Donostia: a arxentina Encarnación, de Anahí Berneri.

No Kursaal recollen as cousas a toda presa. O Festival volveu ser en conxunto mediocre, coma no 2006 e no 2005, pero con certeza o vindeiro ano estarei aquí de novo. Por algo será.

2007-09-29, 17:30 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/52493

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.60 (5d9a038363)
Comentario

tradución automática: es pt



















os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com



Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley