CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Mariasun Landa
> Mariasun Landa <



A nova non é de agora, mais eu acabo de coñecela: a Organización española para o libro infantil propuxo como candidatos para o próximo Premio Andersen de Literatura e Ilustración a Mariasun Landa e Ulises Wensell. Pola escritora vasca xa expresei a miña admiración no blog máis dunha vez, a conta desa obra mestra que é Krokodiloa ohe azpian, pola cal recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, ou desoutro prodixio que non canso de reler chamado Herioa eta Maistra, que mesmo ousei traducir ao galego. Unha escolla moi atinada a da OEPLI, igual que a de apostar polo grande Agustín Fernández Paz para o Premio Astrid Lindgren. Dareille a Mariasun os meus máis agarimosos parabéns dentro dun mes, alá en Donostia; vai este post como pequeno adianto.

2007-08-21, 01:43 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/51642

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2007-08-21 02:00

Ademais do Crocodilo editado por Galaxia, hai outras obras de Mariasun traducidas ao galego (nalgún caso polo amigo Ignacio Chao): A miña bicicleta testalana, en Tambre, e O carpín suicida, A miña man na túa, Unha formiga orixinal e o delicioso Elefante corazón de paxaro en Xerais.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.16 (fb547fdcf1)
Comentario

tradución automática: es pt












doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos


cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley