caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Fantasías electromagnéticas
> Fantasías electromagnéticas <

A conferencia do martes no CGAI do profesor da Universidade Politécnica de Catalunya Manuel Moreno foi, con moita diferenza, a mellor do seminario Cine e modernidade: notouse ben que el era o único de ciencias. Baixo o título Fantasías electromagnéticas no cinema, Manuel Moreno revisou a xenerosa colleita de filmes que nos primeiros anos do século XX aproveitaron argumentalmente a daquela recén nacida tecnoloxía da electricidade. Na imaxinación dos cineastas primitivos, a palabra "eléctrico" foi unha fonte de ocorrencias disparatadas, a escusa perfecta para conseguir que un ganso volvese á vida ou que unhas botas desprazasen a toda velocidade ao seu dono. Unha das pezas sobranceiras do xénero é O hotel eléctrico, do español Segundo de Chomón, con maletas que soben soas as escaleiras e cepillos que peitean ás inquilinas. O problema vén cando os mecanismos non funcionan como é debido:



Manuel Moreno apuntou que ao seren os electromagnéticos uns fenómenos "menos visíbeis" que os mecánicos (a fin de contas, que carafio é un electrón?), axiña foi aceptado popularmente como concepto que servía para xustificar calquera cousa por absurda que parecese. Algo semellante pasou unhas décadas despois coa física do átomo; as explosións nucleares foron a razón suficiente que alentou toda sorte de producións de serie Z inzadas de mutacións delirantes e bechos axigantados:



Á marxe do rigor co que se produza o achegamento a certos temas e conceptos, a súa aparición nunhas épocas si e noutras non e a mesma maneira na que se fala deles, aporta moita información sobre a visión que a xente ten da ciencia e dos científicos. En calquera caso, e como ben salientou o profesor Moreno, o cine é unha ferramenta aínda pouco explotada para comprobar o grao de penetración da ciencia na sociedade.

2007-06-28, 18:44 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/50557

Comentarios

1
De: El Gran Mimón Fecha: 2007-06-29 11:13

E a ucronía do steampunk? Que é un xénero moi pouco explotado en cine e dá para moito.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley