caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Todos críticos
> Todos críticos <

Presentouse onte en Santiago a revista do Foro Galego do Audiovisual, que a unha criatura da rede coma min provócalle unha certa incomodidade polo que ten de "exceso de papel": algún malvado mesmo podería pensar que temos máis revista que audiovisual. Poden consultar en liña o primeiro número desta publicación, no que aparece un artigo meu sobre blogs de cine. Este:

Todos críticos

“Hoy el cine no sólo pasa por la pantalla grande, salta a Internet y los móviles. Los blogs han logrado que todos sean críticos de cine, pero, claro, no todos pueden ejercer la crítica con la misma pertinencia”. A frase díxoa hai uns días Carlos F. Heredero, director da (novísima) edición española de Cahiers du Cinema, e reflicte moi ben unha visión de Internet que aínda hoxe é común en certos ámbitos. Dunha banda está o recoñecemento implícito das súas excepcionais posibilidades de difusión: Internet é o espazo idóneo para verter contidos que dificilmente acharían oco nos medios de papel, ou polo menos nos de distribución masiva, sempre menos atentos ás mutacións que experimentan a produción e comercialización da cultura; pero ao mesmo tempo persiste o escepticismo cara os autores de textos que aparecen unicamente na rede, criaturas á marxe dese principio de autoridade que permite dar por boa calquera cousa polo único feito de ter aparecido en calquera dos xornais e revistas “de confianza”. Segundo esa perspectiva lixeiramente paternalista, os blogueiros e administradores de sitios web virían sendo no mellor dos casos individuos con máis opinión que criterio; xente que aporta un sopro de frescura e fai algo de barullo, un ruído de fondo ás veces útil pola súa reivindicación machacona porfiona de autores pouco ou nada vistos no país.

No ámbito da Internet galega o cinema segue sendo apenas unha nota ao pé. Vivo ou morto, que iso está aínda por definir, o blogomillo nunca se ocupou demasiado dese tema, e desde logo non tanto como o fixo sobre o mundo da música, dos libros ou dos cómics. O blogomillo non difire nese aspecto da prensa, a radio e a televisión de noso, que tampouco se caracterizan precisamente polo seu tratamento exhaustivo e rigoroso das novidades relativas á sétima arte. Nun exemplo clásico de pescada que morde a cola, a maior parte de Galiza Galicia permanece totalmente afastada dos circuitos de exhibición do cinema independente e de autor (ou o que quede del), coa única excepción do óasis da Coruña, onde ten a súa sede o CGAI; se a práctica totalidade dos galegos vive á marxe doutras formas de facer películas que non sexan as da gran industria, dificilmente van poder falar delas e reclamalas para si. E aínda que Internet nos permite coñecer a obra de cineastas que hai uns anos permanecerían só ao alcance dos afeccionados con mellores contactos, creando en nós unha sensación de accesibilidade case ilimitada, é innegábel que resulta ben difícil sentir interese por aquilo do que nin sequera se sabe que existe. Á vista da aplatanada apática programación cinematográfica da televisión, fonte decisiva de cinefilia para as xeracións que medraron vendo westerns de John Ford os sábados pola tarde e que logo descubriron grazas a ela a Kenji Mizoguchi, ao “Indio” Fernández ou a Paul Morrisey, a realidade é que para os rapaces de hoxe en día apenas hai máis cine que aquel destinado a rebentar as billeteiras, en moitas ocasións con escasa fortuna. Uns poucos, os máis curiosos, teñen unha morea de filmes ao seu dispor, co risco de que a abundancia de árbores impida ver con claridade o bosque; para o resto un filme en branco e negro é unha reliquia coa cal se debe gardar unha prudente distancia.

Cóntanse cos dedos as páxinas que falan de cine desde Galiza Galicia, pero algunhas sobresaen pola súa calidade. Un exemplo notabilísimo é Tren de sombras, que pasa por ser un dos máis valiosos referentes da rede en español. O seu carácter revulsivo revélase especialmente eficaz con artigos como La catatonia nacional, escrito por José Manuel López, unha crítica das que marcan época do tratamento que os xornais españois fixeron do último Festival de Venecia. O blog de Ferdinand von Galitzien, tamén en español, sorprende polo seu contido, composto por comentarios de filmes mudos en ocasións extremadamente pouco coñecidos; aproveito para manifestar en público a miña profunda envexa por unha videoteca, a súa, que intúo abraiante en cantidade e calidade. En galego, a máis activa é a bitácora Cinema Friki, que se ocupa dos filmes de acción, fantástico e de terror, con especial atención ás rarezas do xénero que veñen de Asia e cun especial agarimo pola “serie Z” (minúscula). Ao seu colectivo de autores sumouse hai uns meses Fagot, despois de pechar o seu blog A peli do día, páxina que durante a súa existencia compilou e comentou toda sorte de noticias e convocatorias vencelladas co audiovisual galego.

2007-06-19, 12:47 | 1 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/50343

Comentarios

1
De: espn.com/activate Fecha: 2019-11-10 16:59

web development company
mumbai escorts
mumbai call girls
Mumbai Escorts
Mumbai Escorts
yahoo reset password
What is Social CRM
quickbooks support
mcafee.com/activate
roku tv frozen
roku.com/link
web designing company
seo company
garmin update
garmin updates
garmin express update
norton.com/setup
office.com/setup
roku remote not working
gmail support
andheri escorts
computer repair
outlook password reset
reset microsoft password
reset microsoft account password
Mumbai escorts
andheri escorts
bandra escorts
andheri escorts
thane escorts
mira road escorts
bandra escorts
vashi escorts
aol mail login
canon.com/ijsetup
Chembur Escorts
malad Escorts
colaba Escorts
juhu Escorts
mira road escorts
aol reset password
cox support
xbox support
xfinity support
yahoo support
hp printer support
gmail support
hp printer support
espn.com/activate
activate starz on roku
aol support
at&t support
hulu.com/activate
roadrunner support
roku.com/link
Norton Support
hotmail support
Linksys Router Support
Dlink Router Support
Aol Reset Password
garmin updates
Delta Airlines Reservations
united Airlines Reservations
roku.com/link
garmin updates
roku.com/link
Norton Customer Service
Microsoft Customer service Number
HP Printer Support
quickbooks support
Mumbai escorts
canon ij setup
mcafee.com/activate
office.com/setup
roku.com/link
activate espn
espn.com/activate
espn.com/activate
youtube.com/activate
activate nbc
espn activate
garmin updates
pbs.org/activate



os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley