caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > An Alfaya e Illa Soidade
> An Alfaya e Illa Soidade <

Foi para min un enorme pracer formar parte este ano do xurado do Premio Fundación Caixa Galicia. Ao privilexio de participar dunha experiencia certamente inesquecíbel únese a satisfacción de ter falado e discutido de maneira cordial pero tamén apaixonada cos meus compañeiros de labor, José Carrero González, Erea Fabeiro Rey, Elena Caride Miana e Verónica Rego, dos que agardo seguir tendo noticias; o mesmo vale para Xosé Manuel Moo, Noli, que actuou como secretario en representación de Xerais: calquera cousa boa que dixese del sería escandalosamente insuficiente.

Non sei se é correcto, pero vóullelo dicir igual: a novela gañadora, Illa soidade, de An Alfaya, estivo desde o momento en que a lin á cabeza da miña persoal listaxe de favoritas. É unha proposta orixinal polo que ten de saudábel achegamento a uns personaxes tan próximos a nós como descoñecidos; quizá demasiado prudente no seu desenvolvemento narrativo, pero tamén por iso solidamente armada. Unha obra de longo percorrido que acabará triunfando tamén fora de Galiza, e que quedou descrita deste xeito na acta do premio:

Illa soidade

"Lucía deixa a casa dos seus pais para emprender unha viaxe en tren que a levará á cidade onde vai cursar estudos de xornalismo. Durante o traxecto rememora a súa relación con Soa.

Despois dun matrimonio desafortunado, Soa decide divorciarse e visitar París. Nesta cidade namórase do clochard e artista Jean Barnard e tamén ela decide converterse en vagabunda. Viven felices ata que os ameaza Zacarías, un antigo coñecido de Barnard con quen tivera graves problemas a causa dunha disputa polo amor da poeta María Luísa Zaldívar. Para evitar que Zacarías lle fixese dano a Soa, Jean Barnard decide desaparecer de París. Soa busca infrutuosamente a Jean Barnard durante un cuarto de século e acaba recalando na Praza dos Mistos, onde os pais de Lucía rexentan un bar e onde hai unha estatua feita por Barnard que representa a figura de María Luísa Zaldívar.

Coa intención de deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no barrio, Lucía entrevista a todos os esmolantes da Praza dos Mistos. Daquela é cando coñece a historia de Soa. Unha noite aparecen queimados con gasolina varios vagabundos xunto coa estatua de María Zaldívar e corre o ruxerruxe de que o culpable foi Zacarías. Soa pasa horas ollando a estatua, e Lucía obsérvaa en segredo ignorante de que a vagabunda non só é consciente de todo, senón que a través do que escribe no seu "Diario de Outono", conversa con ela.

"Illa Soidade" é unha novela iniciática na que a personalidade da protagonista, Lucía, evoluciona grazas ao contacto con Soa, que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente. A obra retrata a indixencia, afastándose de tópicos e condedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nuna sociedade que habitualmente as silencia. Cada unha delas é unha illa chea de historias nas que raras veces somos quen de introducirnos.

Poucas horas despois de recoller o seu premio, puidemos conversar con An Alfaya, que nos revelou algunhas cuestións relativas ao nacemento de Illa soidade:



Tamén falamos sobre a estrutura e o proceso de elaboración dunha novela escrita "a trompicóns":


2007-06-11, 01:39 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/50126

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.211.200.222 (4a9aea0649)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley