Inicio > Historias > Premios Xerais 2007: Conversas na Illa de San Simón
> Premios Xerais 2007: Conversas na Illa de San Simón <
Míranse mal e óense peor, pero en calquera caso, aquí lles deixamos uns vídeos gravados onte de maneira tan perralleira como entusiasta durante a festa dos Xerais. Para empezar, unha conversa con Celia Torres na que valora estes vinte e catro anos como coordinadora dos premios e apunta algún cambio para a especialísima edición do ano que vén:
Nestoutro vídeo Celia comenta a importancia de ter separado os premios infantil e xuvenil en dúas categorías específicas:
A mantedora literaria do acto, Teresa Moure, reivindicou o papel revolucionario da palabra e falounos da kultura con "k":
Manolo Bragado destacou a importancia dos proxectos de Xerais no campo das novas tecnoloxías e adiantou a súa intención de impulsar unha revista electrónica:
Un portátil con webcam non é tampouco unha mala solución. Ao longo do verán (Feira do Libro, Mundos Dixitais e outros eventos) haberá ocasións de seguir practicando.
O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.