caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Cuestionario Proust
> Cuestionario Proust <

(A pedido de peke)

1.- O principal trazo do meu carácter? O optimismo.
2.- A calidade que prefiro nun home? O humor.
3.- A calidade que prefiro nunha muller? O humor.
4.- O que máis aprecio nos meus amigos? Que compartan os bos e os malos momentos.
5.- O meu principal defecto? Unha tendencia natural á dispersión e o desorde.
6.- A miña ocupación favorita? Falar con outros individuos da miña especie.
7.- O meu soño de dita? Liberté, egalité, fraternité.
8.- Cal sería a miña maior desgraza? Morrer. Ou non querer vivir.
9.- Que quixera ser? Nada que non mereza.
10.- Onde desexaría vivir? Onde vivo, na Coruña. Algún tempiño fora da Terra, quizá. E cando falo da Terra, refírome ao planeta.
11.- A cor que prefiro? Azul Klein.
12.- A flor que prefiro? A gardenia.
13.- O paxaro que prefiro? A anduriña.
14.- Os meus autores preferidos en prosa? Charles Dickens, Dashiell Hammett, Juan Rulfo, Gianni Rodari, J. D. Salinger.
15.- Os meus poetas preferidos? Nicanor Parra.
16.- Os meus heroes de ficción? Ahmed, o protagonista do filme Onde está a casa do meu amigo?
17.- As miñas heroínas de ficción? O personaxe (real) de Anna Sullivan interpretado por Anne Bancroft en The miracle worker.
18.- Os meus compositores preferidos? Charles Mingus, John Coltrane, Stephen Sondheim, Jeff Tweedy, Sufjan Stevens.
19.- Os meus pintores predilectos? Velázquez, Edward Hopper.
20.- Os meus heroes da vida real? Albert Schweitzer, Richard P. Feynmann, Albert V. Baez, Nelson Mandela, Chris Marker, Ousmane Sembene.
21.- As miñas heroínas históricas? Émilie du Châtelet, Marie Curie, Lise Meitner.
22.- Os meus nomes favoritos? Ariel, Miranda.
23.- Que detesto máis ca nada? A intolerancia.
24.- Que caracteres históricos desprezo máis? Os que por acción (ou omisión) provocan sufrimento e morte.
25.- Que feito militar admiro máis? A deserción.
26.- Que reforma admiro máis? A que conduza a un mundo no que ninguén morra de fame.
27.- Que dons naturais quixera ter? Dos posíbeis, o de cantar ben. Dos outros, facerme invisíbel a vontade e/ou viaxar no tempo.
28.- Como me gustaría morrer? De vello, sen dor e mantendo a lucidez até o final.
29.- Estado presente do meu espírito? Ilusionado.
30.- Feitos que me inspiran máis indulxencia? Calquera que non teña consecuencias tráxicas.
31.- O meu lema? "Malo será".

2007-05-07, 02:58 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/49221

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.74.142 (bdb57ed074)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley