caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Unha historia verdadeira
> Unha historia verdadeira <

Se tivese que quedarme cun único post ao longo destes catro anos estranhos, escollería un que non é meu: o relato dun membro da interahamwe ruandesa nas terríbeis semanas da primavera do 2004, tirado dun libro de John Carlin. En Ruanda non había conflito relixioso nin étnico; é un país moi homoxéneo, máis do que adoita ser habitual na África. Hutus e tutsis son castas diferentes, pero non pobos diferentes, e aínda que é certo que os ideólogos do goberno (profesores universitarios en moitos casos, a elite intelectual do estado) foron fabricando durante anos a mentira de que os tutsi eran unha raza distinta e que procedían dalgún punto indefinido do Nilo, non podemos reducir a masacre a unha clave falsamente étnica. Iso non serve para explicar as colosais dimensións do exterminio tutsi, preto dun millón de mortos en apenas tres meses. A xente non acaba asasinando aos seus veciños porque de súpeto odie á comunidade á que pertencen. Houbo propagación do odio, está claro, pero tamén houbo moitísimo medo, e ese elemento dificilmente definíbel da espiral de violencia que arrastra a toda unha comunidade que uns poucos días atrás era pacífica e cordial.

Pero o factor decisivo para explicar o que aconteceu en Ruanda é a democratización do crime, a necesidade, planificada á perfección desde o goberno, de que o número de axentes exterminadores fose canto máis alto mellor. Canta máis xente fose ou se sentise cómplice dos crimes máis doado sería logo superar o impacto moral do xenocidio: todos terían algo que agachar. De aí tamén a barbarie, a brutal provocación de dor innecesaria. De aí as violacións masivas, os nenos afogados en letrinas, os cráneos estalados contra os muros. Cando o horror resulta insoportábel a única solución é o esquecemento absoluto.

O máis fascinante da crise do 94 é o que segue a acontecer agora, trece despois: o asombroso proceso de reconciliación, por outra parte inevitabel, pero en todo caso esperanzador e francamente inusual nun mundo no que as inimizades hérdanse de xeración en xeración. A min cústame moito ler información sobre todos estes feitos sen sentirme brutalmente conmovido, estremecido até as bágoas. Porque Ruanda (un país do tamaño de Galiza) representa o peor e o mellor que ten o ser humano: a súa destructiva capacidade para odiar, pero tamén a súa impresionante capacidade para saír adiante, para perdoar e para amar.

A aquela entrada da bitácora púxenlle por título A historia máis grande xamais contada. Nun momento no que é frecuente ver impúdicas mostras de rancor vingativo, a relectura da convivencia cotiá de vítimas e verdugos nun exercicio sistemático de perdón ségueme parecendo verdadeiramente vivificante.

2007-03-21, 14:57 | 4 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/48113

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2007-03-21 15:15

A fotografía, de James Natchwey.



2
De: dedoscomovermes Fecha: 2007-03-21 22:37

Eu percebim a complexidade do conflito atravês de umha narraçom de Kapuscinski, penso que em Ébano [tenho-o emprestado]. Tam bem explicou todo o processo de construçom social do medo ao outro que eriça a pele.



3
De: F. Miguez Fecha: 2007-03-23 18:44

Pois eu gárdolle rencor e vergoña abondo sobre aqueles meses do 94. Hacia un occidente paradigma de humanismo e civilización que mirou para outro lado e mantivo unha pasividade indolente e inxustificable, fronte a un episodio que superou en violencia e crueldade a lendas da sinrazón como foron as batallas de Verdun ou Stalingrado, e sobre cuias causas nunca se saberá a verdade.



4
De: Ñèëäàâè¼à Fecha: 2007-03-26 13:37

Non esquezamos que daquela había guerra en Bosnia, que como era en Europa e os mortos eran brancos, doía máis. Hai unha excena na peli Bosnia "Terra de Ninguén" moi explícita: nunha trincheira do exército bosnio, un voluntario le a prensa e di: "carafio, a que se está a montar en Ruanda".
O asunto amólame: a comunidade internacional leva gastados nos Balcáns (en xeral) millóns, sen vontade de reconciliación. Nin a metade diso en Ruanda. Pero xa se sabe, son negros....
Ruanda é un exemplo, como ben di, sr. Pawley.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.156.67.122 (20fa5e6ad8)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley