caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Os sábados ao sol
> Os sábados ao sol <

Durante a primavera manifeirante do 2003 La Voz de Galicia publicou un moi interesante artigo de Francisco Domenech que intentaba responder a difícil pregunta "cantas persoas pode haber nunha manifestación". Nun exemplo de xornalismo serio e sensato, a reportaxe incluía fotografías de xente de pé simulando distintas densidades de ocupación, e un gráfico que tomando como exemplo o percorrido habitual das protestas grandes na Coruña, da Palloza até María Pita, indicaba até onde chegaría a cola da manifestación en función da proporción de individuos por metro cadrado. Infelizmente, daquel rigor non parece quedar xa nada, e se algo permanece pouco uso fan del, e así hoxe na Voz aceptan como boas as cifras de asistentes que dá un goberno do PP dunha manifestación convocada polo PP. O titular, decididamente marianil, fala de "serio revés" para Zapatero, cousa que non chegaron a dicir respecto de Fraga coas masivas e reiteradas protestas cívicas na época do Prestige. Menos mal que o director, Xosé Luis Vilela, é, disque, filogaleguista e de esquerdas; se chega a ser de centro non imaxino o que poría.

Atendendo ao manifestómetro, a confusa cifra de "centos de miles de persoas" redúcese a exactamente dous ou tres: entre 240 mil e 320 mil asistentes. Para min o raro é que non sexan máis. Que un partido entregado á confrontación enfermiza só poida mobilizar a unha porción ben pequena do seu electorado é un signo de normalidade: a esas horas, e ao mesmo tempo, millóns de cidadáns paseaban polos parques, andaban de viños ou preparábanse para ver o Barça-Madrid. Varios deses millóns son os que deciden logo o resultado das eleccións, e poden estar ben seguros que entre o sosego e a furia permanente sempre acaban optando pola primeira opción; e máis hoxe, que entre os dous grandes partidos non hai grandes discrepancias ideolóxicas de fondo: as diferenzas máis destacadas parecen ser de orde moral, xa saben, o matrimonio homosexual e as células nai e asuntos coma eses que en calquera cabeza medianamente ben amobrada ficaron resoltos hai moitísimo tempo. Distinguímolos por iso e polas formas, e aí hai algún que vai de vitoria en vitoria cara a derrota final. Verémolo dentro dun ano, cando as urnas dicten sentencia e ao día seguinte Rajoy saia nos medios anunciando a súa demisión.

2007-03-11, 19:02 | 3 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/47847

Comentarios

1
De: Anónimo Fecha: 2007-03-12 10:42

Eu xa non aposto nada, despois de ver o que vexo cada día pónseme a pel de galiña so de pensar con quen convivo, quen é o meu veciño e o meu compañeiro de traballo... espántome, en serio.



2
De: Gusa Fecha: 2007-03-13 09:05

Anímese, anónimo. Eu tamén flipo coa cantidade de "hutus" que andan por aí soltos, pero confío na derrota do "dos hilillos" e seus mariachis. Gozo pensando na cara que se lles vai quedar!! :-))



3
De: espn.com/activate Fecha: 2019-11-10 17:00

web development company
mumbai escorts
mumbai call girls
Mumbai Escorts
Mumbai Escorts
yahoo reset password
What is Social CRM
quickbooks support
mcafee.com/activate
roku tv frozen
roku.com/link
web designing company
seo company
garmin update
garmin updates
garmin express update
norton.com/setup
office.com/setup
roku remote not working
gmail support
andheri escorts
computer repair
outlook password reset
reset microsoft password
reset microsoft account password
Mumbai escorts
andheri escorts
bandra escorts
andheri escorts
thane escorts
mira road escorts
bandra escorts
vashi escorts
aol mail login
canon.com/ijsetup
Chembur Escorts
malad Escorts
colaba Escorts
juhu Escorts
mira road escorts
aol reset password
cox support
xbox support
xfinity support
yahoo support
hp printer support
gmail support
hp printer support
espn.com/activate
activate starz on roku
aol support
at&t support
hulu.com/activate
roadrunner support
roku.com/link
Norton Support
hotmail support
Linksys Router Support
Dlink Router Support
Aol Reset Password
garmin updates
Delta Airlines Reservations
united Airlines Reservations
roku.com/link
garmin updates
roku.com/link
Norton Customer Service
Microsoft Customer service Number
HP Printer Support
quickbooks support
Mumbai escorts
canon ij setup
mcafee.com/activate
office.com/setup
roku.com/link
activate espn
espn.com/activate
espn.com/activate
youtube.com/activate
activate nbc
espn activate
garmin updates
pbs.org/activate



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 3.227.208.153 (941f0802ae)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley