CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Albert Serra
> Albert Serra <



Xa lles fixen saber no seu momento o meu entusiasmo polo filme de Albert Serra Honor de cavalleria, proxectado no CGAI o pasado verán apenas dous meses despois de que se presentase, e con magnífica resposta por parte da crítica menos adormentada, na Quincena de Realizadores de Cannes. Ao longo do 2006 a película foi sendo exhibida en festivais de todo o mundo, de Seul a Vancouver pasando por Londres ou São Paulo, e recolleu premios en certames tan prestixiosos como a Viennale ou Torino, neste último caso co gran Lisandro Alonso nun xurado que recompensou tamén o (excelentísimo) traballo actoral de Lluís Carbó e Lluís Serrat. Neste 2007 as cousas seguen pintando moi ben: estivo en Rotterdam, vén de pasar pola Seccion Oficial do Festival Internacional de Cine Contemporáneo da Cidade de México, o FICCO, que por certo ten unha programación literalmente deslumbrante; e estes mesmos días participa a competición no Festival do Mar do Prata. Axiña viaxará a Hong-Kong e Bos Aires, e tamén formará parte do catálogo do (moi apetecíbel) IndieLisboa. Na Franza a película estréase este mesmo mes, e por ese motivo o número de marzo de Cahiers du Cinema dedícalle ao director unha entrevista.

Albert Serra optou pola orixinalidade e a vangarda, por fuxir de temas e formas repetidos até a extenuación, e a súa aposta está recollendo froitos. Fixo un produto intelixente, moderno e exportábel, e para iso non lle fixeron falta millóns de euros nin unha morea de subvencións. Por sorte para nós, en poucos meses volverá rodar: unha longa viaxe en avión serviu para que o seu guión sobre os Reis Magos vaia collendo a forma necesaria. Eu desde logo agardo (máis) noticias con expectación.

2007-03-11, 02:53 | 0 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/47837

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.16 (fb547fdcf1)
Comentario

tradución automática: es pt












doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos


cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley