caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A miña quiniela para os Oscars
> A miña quiniela para os Oscars <

Mellor película: posto que vai gañar Scorsese, o lóxico sería que a película triunfadora fose The departed, pero intúo que nun ano máis ben frouxo a Academia optará por repartir e cederlle o premio gordo a Little Miss Sunshine.
Mellor director: Martin Scorsese por The departed. Se é outro mordo.
Mellor actriz: Helen Mirren por The Queen.
Mellor actor: Forest Whitaker por The last king of Scotland; pero eu votaría sen dubidalo un segundo ao xenial Ryan Gosling de Half Nelson.
Mellor actriz de reparto: os premios recibidos ao longo destes meses fan de Jennifer Hudson unha clara favorita polo seu papel en Dreamgirls, pero eu aposto por Abigail Breslin, a nena de Little Miss Sunshine.
Mellor actor de reparto: témome que Eddie Murphy por Dreamgirls.
Mellor guión orixinal: Michael Arndt por Little Miss Sunshine.
Mellor guión adaptado: William Monahan por The departed.
Mellor música orixinal: Alexander Desplat por The Queen ou Philip Glass por Notes on a Scandal. Intúo que a primeira, pero eu prefiro a segunda.
Mellor canción: Our town, de Randy Newman, no filme Cars.
Mellor película en lingua estranxeira: se por min fose, calquera menos o Fauno e Auga, a de Deepah Mehta. As vidas dos outros, por exemplo.
Mellor fotografía: Emmanuel Lubezki por Children of Men.
Mellor dirección artística: El laberinto del fauno ou Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest.
Mellor vestuario: Milena Canonero por Marie Antoinette ou Yee Chung Man por The Curse of the Golden Flower.
Mellor montaxe: Thelma Schoonmaker por The departed, ou Stephen Mirrione e Douglas Crise por Babel, por aquilo de que leve algo.
Mellor maquillaxe: El laberinto del fauno.
Mellor curtametraxe: agardo que a miña debilidade por Binta y la gran idea, a de Javier Fesser, sexa compartida polos académicos.
Mellor documental: supoño que será An inconvenient truth, pero a candidatura está bastante máis competida do que parece.
Mellores efectos especiais: Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest.
Mellor edición de son: algunha das de Clint Eastwood.
Mellor mestura de son: nin idea, pero un ano máis o meu apoio moral vai para Kevin O'Connell, que acumula coa de Apocalypto a súa decimonovena candidatura sen que até agora recibise nunca o Oscar. É a persoa máis veces derrotada, e creo que xa está ben, non?

2007-02-25, 15:40 | 9 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/47459

Comentarios

1
De: Fagot Fecha: 2007-02-25 18:18

Que decepción señor Pawley con todo o que hai para comentar sobre os MM06 e nos sae cunha quiniela dos Oscar ;)



2
De: Fagot Fecha: 2007-02-25 18:26

Pd: En canto á quiniela teño algunha discrepancia sobre todo por Scorsese, creo que sería nefasto que un remake saise triunfadora dos Oscar podería ser desastroso para os próximos anos.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2007-02-25 18:38

Un remake, si, pero ¡que bo remake! Cine de xénero, ben resolto, con forza: non había nada mellor que puideran premiar.

Dos Mestre Mateo falaremos cando se aproxime a gala de entrega, aí para abril.



4
De: arume dos piñeiros Fecha: 2007-02-27 01:05

Acertou case todo: ten vostede comunicación directa con Jack Nicholson. A de Scorsese non era a millor das súas, pero merece ter varios oscars. A idade da inocencia que hoxe mesmo botan é unha obra mestra.
Unha nota: por qué sempre gusta Nicholson e non o espléndido di Caprio en Infiltrados? Seica lle teñen rabia?



5
De: Martin Pawley Fecha: 2007-02-27 01:30

A min Di Caprio paréceme un actor magnífico. Está perfecto en The Departed, e xa o estaba en Gangs of New York (ou na que fixo para Spielberg). Infiltrados non é a película máis perfecta de Scorsese, pero tampouco é precisamente unha obriña menor, desde logo: está feita con pulso e oficio e eu paseino moi ben véndoa. Das cinco nomeadas é a mellor con moita vantaxe.



6
De: DEesguello Fecha: 2007-02-27 09:16

Partindo de que os Oscar son o que son e que non representan o cinema actual, nin de lonxe, non entendo que nesta páxina súa teña lugar un debate sobre cal é mellor ou peor película. Estes premios son os da industria dos cartos non os do cine. Para limpar retinas véxanse filmes como Juventude em marcha ou Werckmeister Harmonies cuxos comentarios vostede volcou por estes lares. Non creo que Infiltrados se mereza nin un humilde post seu, xa non falemos dunha estatuiña dourada dun señor calvo espido cunha espada na man tapándolle as súas partes...



7
De: arume dos piñeiros Fecha: 2007-02-27 16:34

Por favor, deesguello, pode dicirme (e aconsellarnos), a este probe espectador ignorante, onde está ese cinema actual que a industria americana non representa? Pode haber cinema mellor (dubidoso, pero en fin admitámolo), pero representativo, o que se di representativo, pois iso si que non. E o cinema é unha industria, malgrè nous.



8
De: DEesguello Fecha: 2007-02-27 18:16

Senhor arume, por desgraza ten razón no que o cinema é industria, pero só na parte que da de comer a moita xente. Sen embargo, ao meu entender, o cine ao xeito americano é do século pasado e baséase en darnos aos espectadores todo masticado, en que nos sentemos nunha butaca cun canasto de pombiñas de millo e unha cocacola xigante e desenchufemos a materia gris, en cifras de racaudación e marxes comerciais. Para min o cine actual é (ou debería ser) outra cousa. Non ten vostede máis que votarlle unha ollada ás programacións de festivais coma o de Xixón, o máis recente Punto de vista ou o "noso" Play-Doc. Xa o dixo Coppola no século vinte: unha nena de Güisconsi... (ou era de Milguoqui?)Saúde.



9
De: arume dos piñeiros Fecha: 2007-02-28 12:43

Onte vin Internal affairs. O calco/plaxio/remake/copia é evidente. A única recreación é a actoral e, claro, aí DiCaprio é o tipo con máis talento da galaxia. A película de Hong Kong é extraordinaria e non entendo como Scorsese puido entreterse cunha imitación tan descarada do filme. Pero, en fin, unha fotocopia tamén eficaz, que arrastra aos espectadores.
A pena foi Pe: esa sobrevalorada estrela do firmamento hispánico. Outra vez será.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.225.16.10 (f23115c6d6)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley