CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Xornalismo serio, opinión independente (2)
> Xornalismo serio, opinión independente (2) <

Aquí teñen un magnífico exemplo dese "rigor xornalístico" do que alardea de cando en cando Luis Ventoso, esta vez seguindo a máxima "non deixes que uns vulgares principios da termodinámica che estropeen unha boa noticia":

Una empresa gallega financia un invento para ahorrar energía
(La Voz de Galicia, 10 de xaneiro de 2007)

Un ingeniero senegalés, de nombre Oumar Fall, es el creador del multiplicador mecánico autónomo, un dispositivo presentado ayer en Santiago que, según las pruebas realizadas, es capaz de multiplicar la energía y de obtener mayores rendimientos en maquinarias mecánicas con un menor consumo. La técnica, que ya ha sido patentada en España y en Europa, ha sido bautizada por su creador como Teoría de la conservación evolutiva de la unidad en varias dimensiones. Un nombre complejo para una técnica en la que Oumar Fall lleva trabajando trece años y que se basa en la canalización de la fuerza de la gravedad de tal manera que la energía producida no sea la misma en todos los casos, generando diferenciales que pueden ser empleados para mejorar el rendimiento.
Para hacer más comprensible la explicación, Fall recurre al ejemplo del eco: «Cuando una persona grita en un bosque o en una montaña, la potencia de su voz se amplifica sin que haya tenido que emplear más energía; eso es lo que hacemos nosotros, mejorar el rendimiento empleando la misma energía». El ingeniero asegura también que el funcionamiento de su máquina presenta muchas similitudes con la estructura del átomo, y permite aplicar a escala humana teorías de la física cuántica.
Precisamente, uno de los aspectos más revolucionarios de la invención de Fall es que contradice los principios teóricos acuñados por Newton, que establecen la universalidad de las leyes físicas. Sin embargo, el multiplicador mecánico de Fall parece funcionar, hasta el punto de que varios de profesores universitarios que asistieron ayer a la presentación en Santiago avalaron su funcionamiento.
La iniciativa de Fall cuenta con el respaldo de la empresa de telecomunicaciones Xonxa, de Carballo, que actúa como socio capitalista. Una inversión que puede resultar rentable, ya que las aplicaciones industriales del ingenio son casi infinitas (energía y automoción, por ejemplo) para reducir los costes y limitar la contaminación.

(Grazas, Vendell!)

dos arquivos estranhos: "A ciencia vudú, porén, soe lanzarse directamente aos medios de comunicación, eludindo o procedemento normal de revisión e debate científico (...) O resultado é que unha parte desproporcionadamente grande da ciencia que chega ao público en xeral é deficiente". Ciencia vudú, de Robert L. Park

2007-01-12, 02:50 | 11 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/46178

Comentarios

1
De: ghanito Fecha: 2007-01-12 07:23

Xente de pouca fe. XD XD



2
De: jorge Fecha: 2007-01-12 08:28

Moi bo o de poñer a Escher, ¿teremos maneira de ir ver a exposición a Madrid?



3
De: eledhwen Fecha: 2007-01-12 12:09

jejeje...



4
De: cossimo Fecha: 2007-01-12 21:03

Non pretendo negar o carácter fraudulento do choio nin sobre todo, a falta de rigor xornalístico (nin siquera se citan os nomes dos profesores universitarios que supostamente avalan o invento).
Pero penso tamén que os científicos andan tamén algo escasos de autocrítica.
http://es.wikipedia.org/wiki/Ciencia:_Abriendo_la_caja_negra
Se cadra é por iso polo que non queren aparecer nos medios: para que a súa autoridade non resulte nunca cuestionada.



5
De: Fer Fecha: 2007-01-13 10:22

Com todo o respeito... Woolmar é um sociologo metido a psicólo que nom tinha NPI do que falava.
Dizer que a Ciência nom tem autocrítica, quando de fato basea-se na autocrítica...



6
De: xorna Fecha: 2007-01-13 18:56

eu tamén estiven nesa roda de prensa e, a pesar dos meus nulos coñecementos de física, decateime enseguida de que todo aquilo era una trapallada. Eu optei por titular "un enxeñeiro senegalés di que é capaz de 'multiplicar a enerxía" e así non te pillas ti as mans.



7
De: Anónimo Fecha: 2007-01-13 21:33

Fer, non teño máis referencias de Woolgar ca "Abriendo la caja negra". Que agora ocupe un catedra de marketing nunha business school non di moito ao seu favor, supoño. De todos os xeitos, non esquezas que se trata dun profesor de Socioloxía analizando os fundamentos sociais da ciencia, non as leis da termodinámica.
Parece case como se o acusaras de ser sociólogo e polo tanto, non digno do mesmo crédito ca un químico ou un matemático.
Os "homes de ciencia" non cuestionan nunca os presuspostos sociais e históricos nos que se fundamenta o seu método de traballo. Se cadra dentro de mil anos o método científico é considerado un xeito de aproximación á realidade tan imperfecto como no seu día o foi a alquimia. O cal obviamente, non equivale a negar os "efectos benéficos" do coñecemento científico.



8
De: cossimo Fecha: 2007-01-13 21:34

Perdón. O anónimo anterior son eu.



9
De: Fer Fecha: 2007-01-13 23:48

Perdoa pero essa cousas lembram-me a ( http://www.badscience.net/?p=277 ) de mais.
Dizer que os cientistas nom consideram os presupostos sociais da investigaçom quase é o mesmo que dizer que a Comunidade Científica está formada só por positivistas ou neopositivistas: Um tópico.
Já é difícil supor como vai mudar o Paradigma científico (e com isto nom me situo no kuntismo, é umha licença) que argumentar umha possível munda da própria consideraçom da Ciência como método (e nom umha variaçom do método) é um pouco... fatuo. Também o é dizer que a Ciência tenciona achegar-se à "Realidade" (E sim, com isto sim afirmo o Utilitarismo nas minhas ideias).

As bases do Método Cientifico estam refinadas baixo umha deontologia da comunidade total como organismo de depuraçom das teorias e criaçom dos nucleos formais das mesmas, e dum falsacionismo formal na praxe da experimentaçom. Dacordo que a filosofia da Ciência evoluiu e mudou, pero isso nom apaga a realidade: A aportaçom da ciência ao conhecimento ultrapassa à de qualquer outro "método de achegamento"...
Que substituirá à experiência empírica como método de prova falsável? Cecais os pressentimentos, as adivinhas, o que queiras escuitar ou obter por implicaçom pessoal? Esses métodos já nom eram válidos ná época do empirimos positivista, hoje comparaçons "new age" ou profecias dum futuro novo método... chamam à pantamas do doentio anticomunismo dos escritos de Bensaid contra Popper.

Velho, mui velho (e mal avelhentado), é esse "argumento" e cheira demais a religiosidade, messianismo e chamanismo.

E nom, nom considero "sociologo" um termo negativo ;)

(Todo o anterior com carinho e diálogo :D)



10
De: An Fecha: 2007-01-14 02:42

Cosas veredes :)



11
De: cossimo Fecha: 2007-01-14 13:10

Fer, sinceramente, dubido moito que un químico que traballe para unha gran corporación farmacéutica rompa a cabeza con cuestións ontolóxicas ou de filosofía da ciencia.
Insisto: eu non nego a validez da ciencia como o mellor método de achegamento. E xa sei que uns versos non curan unha pneumonía pero probablemente ningunha ciencia aplicada chegará a coñecer tanto da esencia do ser humano como, por exemplo, o fai a poesía. Dende logo a psiquiatría, non.
E sendo utilitarios; se escordases un nocello, ¿a onde irías antes, a Urxencias ou a un deses curandeiros afamados? :D
O método científico ten salvado moitas vidas e contribuido a mellora da calidade e cantidade da nosa existencia. Pero a especulación teórica, a filosofía ou a literatura tamén. E ás veces teño a impresión de que os "científicos da ala dura" desprezan completamente esas outras formas de coñecemento case con tanto énfase como os intelectuais post-modernos desprezan o traballo nos laboratorios.
P.D: Se algo nos ensina a historia é precisamente a fatuidade inherente ao conceito de "inmutabilidade"; así que eu non desbotaría de todo a posibilidade de que o actual método científico veña a ser substituido por outro máis refinado.
Un saúdo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.16 (fb547fdcf1)
Comentario

tradución automática: es pt












doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos


cuestionario Proust


a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com



chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley