caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > Pequenos desexos
> Pequenos desexos <

En tempo de rebaixas é doado ver cumpridos algúns caprichos. O de Ana María Ríos, a mártir de Cancún, era saír na portada de Interviú e conseguiuno, para satisfacción de todos. Dixo no seu día que lle ofreceran noventa mil euros por unha reportaxe; a min esa cifra paréceme un chisco desproporcionada tal e como está o mercado, pero vaia, ímola dar por boa. Eu confórmome con bastante menos: gastei unha pequena parte dos cen euros que me tocaron na lotería d'O Neno nun modesto quitapelusas eléctrico. A miña ledicia, porén, non lles é máis pequena que a de Ana María.

2007-01-08, 15:07 | 19 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/46061

Comentarios

1
De: María Fecha: 2007-01-08 17:37

E logo como está o mercado? Ten por aí info sobre as tarifas?



2
De: O Raposo Fecha: 2007-01-08 20:02

Xa me daba a min que esta tipa se iba aproveitar da situación e lle iba sacar un bo rendimeento económico, para facer melloras na perruquería, supoño. Vou calcular a canto sale o día de retención. O mellor compensa.



3
De: abrosiano Fecha: 2007-01-08 20:26

Verdadeiramente, non crin que caeras tan baixo.



4
De: abrosiano Fecha: 2007-01-08 21:04

Insisto: non podo comprender como nun site como este, de repente, aparece unha cousa tan infame como o que faga esa rapaza co seu corpo despois de ternos a todos sobrecollidos pola arbitrariedade policial dun país que se parecía tanto a outro do que algúns aínda gardamos memoria.



5
De: óscar Fecha: 2007-01-08 22:25

Digo eu que o capricho de anamari, máis que saír no interviú, igual era cobrar de golpe os emolumentos de máis ou menos dez anos de perruqueira de golpe, ou?



6
De: IVAN Fecha: 2007-01-08 22:54

saudos, polo visto esta martir cobrou 50000euros pola reportaxe!!



7
De: leco Fecha: 2007-01-08 23:09

Como que lle tocou a lotería, se a min me dixeron que ao final non nos tocara nada?



8
De: berto Fecha: 2007-01-08 23:46

un quitapeluchas eléctrico????????

espero que quede ben ao lado do Galan de noche (http://www.youtube.com/watch?v=sJDRCRC13xk&eurl=)

:)



9
De: ghanito Fecha: 2007-01-08 23:53

Parabéns Pawley, non é mais rico quen mais ten se non quen menos desexa.
(mándolle o meu enderezo para que envíe todos eses cartos que lle sobran)



10
De: Vendell Fecha: 2007-01-09 00:39

¿Interviú é yuyu? ¿Ou só os peios desa rapaza tan guapa que se fixo famosa polo seu temple? ¿Acaso é yuyu o quitapelusas?



11
De: Vendell Fecha: 2007-01-09 00:47

Peitos, quixen dicir peitos.



12
De: Martin Pawley Fecha: 2007-01-09 01:18

María, non lle teño información sobre tarifas, pero si podo facer unha estimación a ollo da cantidade de revistas que hai que vender para que compense o investimento nunha reportaxe como esa. Sospeito que o que Interviú pretendía (e conseguiu) non é tanto vender unha inusual morea de exemplares como conseguir que se fale da revista mesmo nas noticias de televisión, cousa que obviamente non sucede coas habituais "grandes irmás". Os 50 mil euros que cita Iván resultan a primeira vista bastante máis razoábeis.

O Raposo e óscar, sacar proveito de algo sen facer dano a ninguén non me parece mal. Ana María dixo que fixera a reportaxe polos cartos, feito que a honra; non creo que compensen o mal trago que pasou, pero servirán desde logo para facer máis livián o gasto que lle supoñen os seus asuntos xudiciais pendentes.

abrosiano, non sei que ten de "infame" que unha muller decida libremente posar espida para unha revista.

leco, falo da Lotería d'O Neno, non da do Nadal.

berto, recoméndolle que compre tamén o aparatiño, utilísimo para quitar as boliñas que se forman nas chaquetas de la e en toda clase de tecidos, labor esta que polo menos a primeira vez resulta moi relaxante. Se guglea un pouco dará facilmente con foros moi divertidos cheos de xente que lerchea contra os xerseis de Zara aos que lles saen boliñas mesmo antes de usalos.

ghanito, xa lle dei outro bocado aos cen euros: "Fresas salvaxes" e "Fanny e Alexander", a primeira entrega dunha colección de DVDs de Ingmar Bergman á venta nos quioscos por 11,95€

Vendell, o que máis yuyu dá do Interviu non son precisamente as portadas (que algunhas tamén). E Ana María fai moi ben en facer o que lle pete.



13
De: leco Fecha: 2007-01-09 01:34

Pois da mesma de que estou a falar eu! pero a min dixéronme que non tocara. Se cadra é cousa da serie.



14
De: ambrosiano Fecha: 2007-01-09 01:37

Coidadiño! Infame é sacar o conto aquí, e máis infame tratar, agora, de aparentar que non había unha ácida crítica contra a rapaza por facer o que fixo.
Emporiso, non imos pelexar porque alguén pretenda erixirse na conciencia de todos.
(Hai un gran exhibicionismo nisto dos blogueiros, pero pretender erixirse en conciencia e logo negalo... Malo, malo. Síntoo.)



15
De: Martin Pawley Fecha: 2007-01-09 01:54

leco, eu collín o boleto pola miña conta na administración que hai indo para os Castros: ninguén me dixo nada de investir as devolucións de Nadal noutros décimos e compartilos...

ambrosiano: e que ten de "infame" falar aquí ou nas noticias de Tele5 dunha portada de Interviú? E de onde saca que no meu post había unha "crítica ácida" contra a rapaza? Polo demais, se prefire posts con contidos máis culturais, xusto antes deste ten un moi bonito sobre o cineasta senegalés Ousmane Sembene agardando as súas aportacións.



16
De: leco Fecha: 2007-01-09 09:48

Ten razón. Pero creo que non fun a única do malentendido que non sei ben de onde partiu:)



17
De: ambrosiano Fecha: 2007-01-09 16:29

Precisamente, iso é. Xa sei que eu non son quen para dicir de que si ou de que non ten que falar vostede. Pero despois dese post que me cita e da magnífica análise de La Noche del Cazador (que me apresurei a revisitar despois de lelo) como que me fodía un pouco ese aparente amarillismo. O da crítica ácida puido ser unha apreciación equivocada. Coa leria das rebaixas e tal...
Síntoo. Vostede fale do que queira. E que conste que eu non vou de "culturiñas" pola vida. Simplemente vou. E abonda.



18
De: Paco Penas Fecha: 2007-01-10 11:26

¡Noraboa pawley, por fin falou vostede de algo interesante!...xa me estaba cansando de tanto cine...jeje



19
De: El Gran Mimón Fecha: 2007-01-10 19:21

Don Martin, véxolle na mecedora cos lentes na punta do nariz usando o fedello mentres ve un DVD de Lisandro Alonso. ¿Ou usa bifocais?



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.211.200.222 (4a9aea0649)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley