caderno dun rencoroso enfermo de cinefilia
Inicio > Historias > A favor do cambio horario
> A favor do cambio horario <

Cando se fala de racionalizar horarios parece que o obxectivo fundamental é gañar horas de luz pola mañá cedo (quizá por aquilo de que Deus axuda a quen madruga, non sei), perdéndoas no cambio polas tardes. Nesa liña vai tamén a proposta bloqueira de acomodar o noso horario ao que teñen os veciños portugueses, para os cales cando escribo isto son as once corenta e cinco mentres aquí en Galiza faltan só quince minutos para a unha. A min amólame bastante que no inverno anoiteza antes das sete, e agradezo infinitamente, igual que Vendell, os anoiteceres tardíos do verán; e por outra parte detesto tanto a tendencia humana a crer que as súas definicións aféctanlle algo ao universo como o seu gusto pola inmutabilidade, por asumir que as cousas non poden cambiar porque xa levan moito tempo sendo así. Como resultado da unión das dúas ideas, este blog apoia con decisión o cambio horario, si, pero xusto na dirección contraria á insinuada polo BNG: a favor de irmos ao GMT+2, horario de Ankara.

2006-12-09, 13:00 | 7 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/45264

Comentarios

1
De: webense Fecha: 2006-12-09 13:40

Apoio a proposta!



2
De: Anónimo Fecha: 2006-12-09 16:12

radicalmente dacordo



3
De: Vendell Fecha: 2006-12-09 17:04

Leín no País que hai uns meses foi quen de organizar unha cadea humana por algo que xa non lembro que era, pero seguro que era unha causa xusta ou, alo menos, necesaria. ¿Vai outra?



4
De: X Fecha: 2006-12-09 20:58

Eu estaba a favor de adoptar a hora portuguesa porque nunca barallara unha opción como a súa, ben visto, prefiro que anoiteza unha hora máis tarde aínda que non sexa moi lexitimo desde o punto de vista enerxético. Saúdos.



5
De: óscar Fecha: 2006-12-09 23:15

Interesante proposta, aínda que eu votaría por manter o horario actual, pero sen cambios: mantendo o "horario de verán" durante todo o ano. Saúdooos.



6
De: ghanito Fecha: 2006-12-10 11:10

¿Porqué agora que é unha proposta bloQueira a xente fala dela e cando era unha proposta bloGueira ninguén o facía?
¿Será que o blogomillo cando estaba vivo era invisible e só agora que apodrece deixase ver o seu rastro? (lembren, da mesma xente saira a idea da matrix-campaña da fala)
Discrepo da súa proposta, Sr. Pawley, pero penso que a diferenza dos nosos horarios laborais xustifica que o faga ;-)
#5 concordo plenamente que o horario de veran/inverno é unha merda.



7
De: Pedro Lemos Fecha: 2006-12-10 16:22

bem .. o horário de verão aqui no Brasil simplesmente acaba comigo .. para quem é "do dia", uma hora a mais de sol é muito bem-vinda .. mas para quem é "da noite", como eu, parece que o dia ficou mais curto!
:)
um abraço!!!



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.204.71.19 (f78779fd3b)
Comentario









os arquivos estranhos




correo:diasestranhos()gmail.com

O sistema de comentarios está á disposición dos lectores de "signos de vida" (antes "días estranhos") exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.


Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

(c) Martin Pawley