CINCO ANOS BLOGUEANDO! (if you've got a blacklist, I wanna be on it)
Inicio > Historias > Contra Bruno Dumont
> Contra Bruno Dumont <

Detesto o cinema dos irmáns Dardenne, e detesto aínda máis o de Bruno Dumont. Detesto a todos eses entomólogos obsesionados con reflectir realidades sórdidas sen implicarse verdadeiramente nelas, contemplándoas con distante superioridade desde a súa atalaia hipócrita e eurocéntrica. Vin onte Flandres, a cuarta e polo que a min se refire derradeira película do premiadísimo francés, co seu discurso trosma sobre as maldades da guerra e o característico gusto polo feísmo. Nin sequera no retrato tópico da violencia bestial podo detectar un mínimo sopro de humanidade. Ao chegar a casa bótolle un ollo ao libro editado polo Festival de Xixón con motivo da retrospectiva que lle dedicaron, "Paisaje abstracto con hombre al fondo", de Nando Salvá, e atopo paridas coma esta: "porque la guerra no es una cuestión regional, sino un estado mental". Hai moito horror do que aprender sen necesidade de chapotear nese ridículo misticismo pequenoburgués. Como paseos polo mal e a abxección prefiro Saló de Pasolini ou The baby of Macon de Peter Greenaway, que desde unha estética barroca e artificiosa acaban por conseguir resultados infinitamente máis contundentes.

Eu admiro ao Pedro Costa que se mete no quarto de Vanda para descubrirnos as súas esperanzas, as súas frustracións, o seu desexo de non querer sufrir máis. O que nos deslumbra coa presenza estatuaria de Ventura, tan inesperadamente fordiana. Admiro ao Lisandro Alonso que vai na procura de paisaxes e persoas para incorporalos con paixón e respecto nos seus filmes, facéndonos ver e entender que eles non teñen tempo para as grandes cuestións porque xa están moi ocupados con (sobre)vivir. Admiro tamén a Bela Tarr e a simpatía polo débil que asoma nas súas Harmonías Werckmeister, obra ben cercana a aquel Ángel González que escribiu "Nada es lo mismo, nada permanece. / Menos la Historia y la morcilla de mi tierra: / se hacen las dos con sangre, se repiten". E por suposto admiro profundamente a honestidade crítica daqueles que non teñen necesidade de finxir, como Ousmane Sembène ou Abderrahmane Sissako.

Deixémonos dunha vez de estupideces e volvamos decididamente a Dickens.

2006-12-05, 16:14 | 6 comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://pawley.blogalia.com//trackbacks/45175

Comentarios

1
De: Don Erre que Erre Fecha: 2006-12-05 18:15

¡Bravo Pawley! Concuerdo en un 95% con lo que has dicho. Añadiría a los ejemplos que has citado (descartando "The Baby of Macon" pues considero toda la obra de Greenaway una cacharrería petulante y sin substancia alguna) a "Ladoni" de Artur Aristakiyan.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2006-12-06 04:35

Don Erre que Erre, tomo nota da súa recomendación, pero respóndame a isto, faga o favor: o 95% no que concorda, inclúe tamén o que digo de Pedro Costa e Lisandro Alonso nese post?



3
De: Don Erre que Erre Fecha: 2006-12-07 12:02

El 5% de desacuerdo incluye (naturalmente) a Alonso y a Greenaway, no en cambio a Costa a pesar de tener reparos hacia sus películas. Tengo grandes esperanzas (seguramente inútiles) respecto a "Juventude em marcha" y sus tres anteriores largometrajes (los únicos que he visto), a pesar de sus múltiples carencias y excesos, creo que tienen un impulso hoensto de autenticidad.



4
De: Martin Pawley Fecha: 2006-12-07 23:52

Recoñezo a petulancia infinita de Greenaway, malia que teña en grande estima o seu traballo -até The Pillow book-, pero creo que debería revisar The baby of Macon pois paréceme que ten moita chicha debaixo de toda a súa deslumbrante ou odiosa, segundo gustos, imaxinería visual. En canto a Lisandro Alonso, temo que non conseguirei convencelo, pero creo que hai nel parte dese impulso homesto de autenticidade que aprecia en Pedro Costa. Juventude em marcha é un prodixio; se lle queda a man A Coruña, aproveite o próximo luns e déase a coñecer, ho.



5
De: Martin Pawley Fecha: 2006-12-07 23:57

E por certo, tamén concorda no aprezo por Ousmane Sembène?



6
De: Don Erre que Erre Fecha: 2006-12-08 19:11

Sí, también concuerdo con lo de Sembène. Sólo faltaba que un senegalés estuviera empachado de fruslerías cinéfilas (aunque todo puede ser).

Si no me surge ningún impedimento de última hora pienso desplazarme hasta Coruña para ver la película de marras.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 38.103.63.18 (90d586d65a)
Comentario







doa os teus órganos!



axenda cultural

están vivos!



os arquivos estranhos



cuestionario Proust




a coruña
Click for La Coruna Airport, Spain Forecast

correo:diasestranhos()gmail.com

um livro

e um filme

There will be blood
(Paul Thomas Anderson, 2007)

...ou dois

Stellet Licht
(Carlos Reygadas, 2007)

chuza!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

cinco anos do prestige

O sistema de comentarios está á disposición dos leitores de "días estranhos" exclusivamente para a publicación de opinións e comentarios relacionados co contido deste blog. Calquera texto publicado por medio do referido sistema non reflicte necesariamente a opinión do autor deste blog. As opinións e informacións publicadas no sistema de comentarios son de autoría e responsabilidade integral dos leitores que del fixeran uso. O autor deste blog resérvase o dereito de suprimir os comentarios e textos que considere ofensivos, difamatorios, calumniosos, preconceitosos ou de algunha forma perxudiciais a terceiros. Textos de carácter promocional ou inseridos no sistema sen a debida identificación do autor (nome completo e enderezo válido de e-mail) tamén poderán ser eliminados.
(texto copiado hai anos do Carta aberta, que á súa vez llo agradecía ao Inagaki)



Licenza de 
Creative Commons
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons. Blogalia

Blogalia

© Martin Pawley